Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Salnés

Caleiro honra a San Isidro e presume da súa tradición agrícola co desfile de carros

Houbo premios para os mellor engalanados e a festa continúa hoxe cunha nova Xuntanza dos Muíños

A procesión e o desfile de carros foron dos actos máis destacados do San Isidro de Caleiro deste ano
A procesión e o desfile de carros foron dos actos máis destacados do San Isidro de Caleiro deste ano
Aitana Vidal
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A festa de San Isidro de Caleiro volveu a encher esta parroquia vilanovesa de ambiente, onde o acto estrela foi o desfile de carros que este ano tamén tivo a súa versión infantil, aínda que foran de xoguete. O programa de actos comezou moi cedo pola mañá cunha gran tirada de bombas de palenque para anunciar a festividade do día e a medida que participantes, veciños e visitantes se achegaban ao recinto comezaba un pasarrúas a cargo de Xironsa, Boudebou e o grupo de danza de O Castro de Baión.

O desfile de carros engalanados estivo moi animado e non faltou o humor e o xurado tivo que empregarse a fondo para determinar quenes eran os gañadores, que levaron un premio en metálico de 250, 150, 100 e 50 euros, respectivamente, mentres para os rapaces en lugar de cartos, os premios consistiron en vales para a compra de xoguetes.

Non faltou un taller de pintacaras, reparto de chourizo, pan de millo e viño tinto, houbo pulpeira e a música de Unión y Fuerza. Este ano participou tamén a Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xacobe Pérez. Por suposto, houbo misa solemne e unha concurrida saída en procesión do santo.

Xuntanza dos Muíños

As celebracións en Vilanova terán continuidade no día de hoxe coa V Xuntanza de San Isidro nos muíños de Currás, a partir da unha da tarde. Os veciños que queiran asistir deben saber que se repartirá empanada, chourizos, pan de millo e viño, coa colaboración de Super Nito. Despois da misa haberá un pasarrúas ata os propios muíños onde se desenvolverá a festa, coa actuación do grupo de gaitas Os Cruceiros de Tremoedo e do Dúo Aché. Tanto organizadores como o Concello de Vilanova animan á asistencia a esta festa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620