Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Meaño

Meaño celebra as Letras Galegas con teatro, concerto e cun contacontos ilustrado

A programación cultural e de ocio comezará este xoves e prolongarase ata a vindeira semana

A música volverá á localidade esta fin de semana
A música volverá á localidade esta fin de semana
| Mónica Ferreirós
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Meaño vén de facer pública a programación cultural e de ocio con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas, este domingo 17 de maio. Con tal motivo, haberá actividades que inclúen teatro, música e contacontos.

O ciclo arrincará este xoves día 14, con teatro na escola, nun espectáculo titulado ‘A gran viaxe das Letras até Begoña Caamaño’. A cargo de A Xanela do Maxín, está destinado ao alumnado dos colexios e, así, chegará de mañá ao CEIP Coirón-Dena e a mediodía ao centro de As Covas.

No día grande

Na propia data do domingo 17 ofrecerase un amplo concerto, baixo o título ‘Pegadas’. Actuará o alumnado de Linguaxe Musical e a Aula de Guitarra da Escola de Música Municipal de Meaño, así como o grupo de música e baile tradicional da Asociación Cultural Penaguda, de Dena. Será no centro social desta parroquia meañesa, a partires das 12:30.

Finalmente, o luns 18 de maio a programación pecharase cunha sesión de contacontos ilustrados, bautizado como ‘As Letras de Begoña’. Pensado específicamente para un público infantil e familiar, este derradeiro evento do programa terá lugar a partires das seis e media da tarde, na casa de cultura de Meaño. Dende o Concello animan a asistir a todas estas citas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620