Dorna celebrará As Letras e a vinculación de Caamaño con A Illa cun acto especial este 17 de maio

A Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna e Dorna Música e Baile Tradicional organizan unha xornada lúdico-cultural que vinculará a figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño, homenaxeada este ano, coa tradición mariñeira de A Illa de Arousa.
Esta actividade vénse celebrando por parte dos organizadores dende hai anos, consolidándose xa como unha tradición local no 17 de maio.
Así, este vindeiro domingo, 17 de maio, Día das Letras Galegas, Dorna pon en marcha unha nova edición do seu Día das Letras no Mar, unha iniciativa que vén desenvolvendo ininterrompidamente dende hai anos e que este ano se celebrará entre a Escola de Pau, a Praza do Regueiro e o peirao do Xufre.
Destacan destde a entidad promotora que a homenaxeada este ano foi unha autora “que mantivo un fondo vínculo coa Arousa, onde residiu e onde atopou inspiración para gran parte da súa obra”. “A súa sensibilidade polo mar, a memoria e as identidades costeiras estarán presentes nesta xornada”.
O programa
A programación comezará ás 12 horas na Escola de Pau, cun desfile ata a Praza do Regueiro onde haberá actuación musicalcal e baile tradicional. A continuación, terá lugar un pasarrúas ata o porto de O Xufre, onde se procederá á lectura do pregón e a unha botadura simbólica das embarcacións tradicionais, como recoñecemento ao papel da cultura mariñeira na literatura galega e en homenaxe á propia Begoña Caamaño.
Héctor Suárez, responsable da Escola de Navegación Tradicional da ACD Dorna, salientou o valor da continuidade desta celebración.
“Levamos anos celebrando o Día das Letras no Mar porque cremos que a nosa cultura mariñeira merece un espazo propio no 17 de maio”.
“Este ano, ademais, a homenaxe a Begoña Caamaño dálle un significado especial”,. engadiu. “A súa conexión coa Arousa foi profunda e auténtica. Por iso, no canto dunha simple ‘botadura’, faremos unha botadura propiamente dita: botaremos as embarcacións á auga coma quen bota un libro ao mundo. É o noso pequeno tributo á súa memoria e á súa ollada costeira.”
Pola súa banda, dende Dorna Música e Baile Tradicional sinalaron que “queremos que as nosas pandeiretas e gaitas soen máis forte que nunca. Convidamos todas as persoas a que nos acompañen para facer desta unha celebración fondamente mariñeira e literaria”, concluíron.










