Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Vilanova

Rueda enxalza o “modelo de éxito do PP de Vilanova” como exemplo de unión e estabilidade

O alcalde, Gonzalo Durán, xunto a outros membros do goberno, colaboradores e simpatizantes
O alcalde, Gonzalo Durán, xunto a outros membros do goberno, colaboradores e simpatizantes
| Mónica Ferreirós
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O PP de Vilanova volveu sacar músculo onte na cea anual polo Nadal que sempre se converte nun punto de encontro entre militantes e autoridades a nivel local, comarcal e autonómico.

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, enxalzou o modelo de éxito do PP de Vilanova de Arousa situándoo como un “exemplo de estabilidade, unión e dedicación aos seus veciños” e poñendo en valor as tres décadas de alcalde con maiorías absolutas de Gonzalo Durán.

Acompañados pola secretaria xeral Paula Prado; o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e o propio alcalde;, Gonzalo Durán, Rueda defendeu que nisto consiste a “filosofía” do PPdeG para toda Galicia e que, grazas a iso, a Comunidade ten “cada vez máis emprego, máis vivenda pública e máis e mellores servizos públicos”.

“Se todo isto é posible porque temos un plan recollido nuns Orzamentos que se aproban cada ano en tempo e forma”, afirmou poñendo en valor algúns dos investimentos previstos nas contas do próximo ano e que “demostran o cumprimento” do goberno galego con Vilanova de Arousa e todo o Salnés, indicaron desde o Partido Popular ao fío deste acto.

Saneamento e emprego

Fixo referencia así ao investimento no saneamento municipal, ao impulso do polo de emprendemento de Vilanova e aos investimentos en sanidade e educación en toda a comarca e, máis concretamente, os centros de saúde de Vilagarcía e Meis.

En contraposición a un goberno galego que “funciona a toda máquina”, valoran os conservadores, Rueda referiuse ao Goberno “en descomposición” de Pedro Sánchez e subliñou con ironía a dificultade para “levar a conta de todos os detidos por corrupción, de todos os que están no cárcere e de todos os casos de abuso sexual que esconderon”.

A cita volveu reunir a centos de comensais
A cita volveu reunir a centos de comensais
| Mónica Ferreirós

Lamentou neste sentido que o Goberno de Sánchez estea “máis preocupado polas citacións xudiciais, polos informes da UCO e polas alertas de última hora que polo día a día dos españois” e por iso fixo un chamamento a “levantar a voz ante os escándalos e os atropelos a Galicia”.

Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, destacou que “Vilanova é un exemplo de unión do partido: xa non só arrasan en cada cita electoral, senón que tamén arrasan en cada cea de Nadal que organizan”. “Momentos nos que o PP segue amosando unha completa unidade. Somos un gran equipo e estas ceas así o amosan”, valorou.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica