Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Grove

A escupiña, o muxo e a volandeira protagonizan as xornadas 'A Cociña do Mar'

Celébranse o xoves, día 8 de outubro, no Mirador da Lonxa da Cofrafía de Pescadores

Xornadas da 'Cociña do mar' celebradas o ano anterior
Xornadas da 'Cociña do mar' celebradas o ano anterior
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Festa do Marisco é moito máis que a carpa gastronómica instalada na Praza do Corgo. Arredor deste evento prográmanse outras moitas actividades deseñadas para todo tipo de público.

Un exemplo son las xornadas gastronómicas 'A Cociña do Mar' iniciativa organizada por Emgrobes que ten como obxectivo promocionar os produtos do mar menos coñecidos nos fogóns pero igualmente sabrosos e de excelente calidade que se celebrará o 8 de outubro no Mirador da Lonxa da Cofradía de Pescadores.

Este ano o cociñado estará protagonizado pola escupiña, tamén chamada carneiro, polo muxo e pola volandeira. Desta última se mostrarán diferentes recetas mais os asistentes non poderán degustalas por estar actualmente en veda.

Os encargados de realizar as distintas elaboracións son os cociñeiros dos restaurantes Senlleiro, Manuel Domínguez, e de Caralludo by Chuchi, Alberto Sobral. Ademais, contarán coa presenza da recoñecida chef Rocío Garrido, que xestiona a Cocina de mi abuelo. 

Durante o showcooking poderán degustarse algunhas recetas maridadas con viños da D.O. Rías Baixas.

A entrada é libre ata completar o aforo establecido para o evento que é dunhas oitenta persoas.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620