Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Grove

Aprometur amplía o seu equipo ao incorporar a Silvia Barreiro, con formación en Relacións Públicas

Silvia Barreiro é CEO de H4 Soluciones, consultoría de Hostalería e Turismo
Silvia Barreiro é CEO de H4 Soluciones, consultoría de Hostalería e Turismo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Asociación para a Promoción Meca do Turismo (Aprometur) comunicou que, despois de máis dun ano de intenso traballo con nove directivos, ampliou o seu equipo e as súas opcións, ao tratarse dun novo perfil máis técnico, coa incorporación de Silvia Barreiro, CEO de H4 Soluciones, consultoría de Hostalería e Turismo. A entidade turística do Grove destaca que ten coñecementos e experiencia en aspectos que non poseen os actuais directivos, e que conta con formación académica enfocada nas Relacións Públicas, a comunicación, o marketing e a xestión de empresas turísticas.

Aprometur indica que Barreiro “coñece moi ben o sector desde dentro, xa que foi relacións públicas e coordinadora de eventos e comercial do no Balneario do Gran Hotel da Toxa, Gran Hotel da Toxa, xefa de eventos do Resort Hesperia A Toxa e directora do Gran Talaso Hotel Sanxenxo”. E suliña que, con toda esa experiencia acumulada, Silva “decidiu comezar o seu proxecto persoal, a consultoría turística H4 Soluciones, na que segue traballando na actualidade” e que “agora, únese a Aprometur comprometida en traballar, aportar seus coñecementos, iniciativas e experiencia, tanto en xestión turística, como para reforzar o departamento de marke𐀙Fng, que é o que leva o peso da asociación”.

Por outro lado, despois de propoñerlle ó Concello que participase no programa ‘Baixo o ceo das Rías Baixas’, con motivo do eclipse do 12 de agosto, “nos satisface e agradecemos que finalmente se aceptase a nosa proposta e O Grove xa esté incluido nesta actividade para que veciños e visitantes poidan disfrutar do eclipse ao lado da casa”. E engade que nunha reunión coa concelleira de Turismo, María López, pedíronlle que o Concello acepte a invitación do recinto feiral de Silleda e financie os gastos de promoción, para participar en tres feiras de turismo que se celebrará en xuño, como son Festur (Feira de festas de interese turístico), Salimat (Salón de alimentación do Atlántico) e Turexpo (Salón turístico de Galicia).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620