Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Grove

O IES Monte da Vila inicia os actos do seu 40 aniversario cun Festival de Arte e Novela Negra

Esta edición contou coa participación de Carlos Meixide e Daniel Abalo

Fachada IES Monte da Vila en O Grove
Fachada IES Monte da Vila en O Grove
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O IES Monte da Vila celebrou este venres o IX Festival Montenegro de Arte e Novela Negra, unha cita xa consolidada no calendario cultural do centro que combina literatura, artes escénicas e audiovisual.

Nesta edición contouse coa participación do escritor, Carlos Meixide, e o animador e ex alumno do instituto, Daniel Abalo.

Ao longo da xornada, Meixide mantivo un encontro co alumnado no que afondou na súa novela ‘Ons’, un dos títulos máis prestados na biblioteca do centro.

Participou ademais nunha interesante sesión co club de lectura da biblioteca municipal coa novela ‘A comuna’.

Pola súa parte, Abalo compartiu a súa experiencia profesional no ámbito da animación, achegando ao público o proceso de creación da película ‘O apóstolo’. Impartiu tamén un obradoiro práctico no que introduciu o alumnado nas bases do stop motion.

Este festival constitúe o primeiro dos actos de celebración do 40 aniversario do IES Monte da Vila.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620