Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Grove

Un libro, un quilo: a biblioteca do IES Monte da Vila cambia exemplares por alimentos para Cáritas

A campaña estará activa dende o luns 17 de novembro ata o 5 de decembro

Imaxe de arquivo da entrada do IES Monte da Vila
Imaxe de arquivo da entrada do IES Monte da Vila
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A biblioteca do IES Monte da Vila, en O Grove, en colaboración con Cáritas, pon en marcha unha campaña de recollida de alimentos para os máis desfavorecidos baixo o lema: un libro, un quilo. A iniciativa, que estará activa dende o 17 de novembro ata o 5 de decembro, anima ó alumnado e ó resto da comunidade educativa a recoller un dos libros expurgados da biblioteca e deixar, a cambio, alimentos non perecedeiros ou produtos de hixiene e limpeza.

A idea desta iniciativa, contan dende o instituto, nace da busca dunha mellor reorganización dos fondos co obxectivo de mellorar a accesibilidade das persoas usuarias da biblioteca. Durante este arranxo o equipo da biblioteca detectou que hai moitos examplares que xa non resultan atractivos neste espazo escolar polo que se procedeu ao seu expurgo.

Os libros retirados están en perfectas condicións polo que poden gozar aínda de moitas vidas, é por iso que xerminou a idea de que o alimento do cerebro podía ser intercambiado polo alimento do resto do corpo. Desta maneira comezou a colaboración entre a biblioteca do IES Monte da Vila e Cáritas do Grove.

Os exemplares, sinalan, estarán situados no corredor da entrada do centro e, ao seu carón, haberá caixas para depositar as donacións.

Dende a comunidade escolar animan a todos os veciños do municipio a participar nesta iniciativa e, tanto o instituto coma Cáritas agradecen todas as colaboracións que se poidan facer.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620