Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ribeira 

Ribeira aposta por un outono de dramaturxia cunha mostra de teatro con 13 actuacións

O cartel contará con ribeirenses e, por primeira vez, con representación internacional

Presentación da mostra de teatro que impulsa o Concello
Presentación da mostra de teatro que impulsa o Concello
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A dramaturxia volveu cobrar protagonismo na programación cultural do outono coa mostra de teatro que impulsa o Concello de Ribeira xunto á Rede Cultural da Deputación da Coruña. Un total de 13 funcións integran o cartel con ribeirenses como Quico Cadaval e Susana Sampedro, e, por primeira vez, con representación  internacional.

Calendario das actuacións 

A primeira en levarse a escena será ‘Manual de patronaxe’, de Teatro do Noroeste, o 25 de setembro; seguida de ‘Yo solo quiero irme a Francia’, de Contraproducións, o 2 de outubro; ‘Comedia’, de Piscore, o 9 de outubro; ‘Os dous de sempre’, de Producións Teatrais Excéntricas, o 16 de outubro; ‘Slips inside’, de Okidok, o 23 de outubro; ‘Reconversión’, de Ibuprofeno Teatro, o 30 de outubro; ‘Bernarda’, de Malasombra Producións, o 6 de novembro; ‘O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger’, de Tarabela Creativa, o 13 de novembro; ‘A louca historia de Galicia’, de Fulano, Mengano e Citano, o 20 de novembro; ‘Jastac Japi Jolidais’, de Leti da Taberna, o 27 de novembro; ‘Nas nubes’, de Redrum Teatro, o 4 de decembro; e ‘Go on’, de 42 Norte, o 11 de decembro.

Tamén haberá presenza local co estreno de ‘De tal pau...’, do GMT de Ribeira, que servirá de clausura o 18 de decembro con entrada gratuíta.

O prezo das entradas será de 4,95 euros pero haberá bono para todas as obras por un total de 35 euros. A adquisición farase a partir do 2 de setembro na Oficina de Atención Cidadá ou a través da billeteira de www.ataquilla.com. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620