Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Ribeira

Ribeira deuse un paseo contra o cancro

Máis de 280 persoas inscribíronse na V Andaina Solidaria da xunta local da AECC e que os levou ao longo de cinco kilómetros dunha ruta completamente adaptada a tódolos público por Coroso e Insuela

Preto de 300 persoas tomaron á saída da V Andaina Solidaria 'Ribeira en marcha contra o cancro', que levou aos participantes ata Coroso e Insuela a longo dunha ruta de cinco kilómetros
Preto de 300 persoas tomaron á saída da V Andaina Solidaria 'Ribeira en marcha contra o cancro', que levou aos participantes ata Coroso e Insuela a longo dunha ruta de cinco kilómetros
Chechu Río
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Máis de 280 persoas inscribíronse na quinta e última Andaina Solidaria ‘Ribeira en marcha contra o cancro’, organizada pola xunta local da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), con cinco kilómetros de percorrido a través dunha ruta completamente adaptada a tódolos públicos. Partiu onte a media tarde da Praza do Concello, pasou por Coroso, onde se fixo unha parada na súa explanada para ler un par de poemas, continuou ata Insuela, para regresar ao punto de partida, a onde chegaron os participantes despois dun par de horas de camiñata.

A partir dese momento, levouse a cabo un sorteo de diferentes obsequios entre os participantes a través dos números de inscripción. Ademais, rendeuselle unha homenaxe moi especial á Asociación de Veciños de Carreira, con Marivén e Moncho Sampedro á cabeza, ao considerala coma “unha entidade referencial” neste ámbito, e da cal se destacou a súa “implicación e apoio moi grande” que presta con esta andaina e a outros eventos de similares características e con saídas ao exterior que programan a propia xunta local de Ribeira da AECC e outros colectivos. 

Durante toda a xornada houbo á venda nos postos da AECC diferentes artículos de merchandising, como chubasqueros, paraugas y sudaderas, entre outros, y cuxa recaudación sumarase á das inscripcións -durante todo o días se estuveron recollendo a novas persoas que se apuntaron, chegando a casi tripicarse a cifra acadada en días previos, para destinar todos eses cartos á investigación e darlle apoio, coidados e esperanza aos pacientes e ás súas familias. Para animar á xente pola mañana se contou cunha exhibición de kempo a cargo de José Cardalda e dos seus alumnos, mentres que en horario vespertino houbo a actuación do grupo de zumba do colectivo artístico Mimarte. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620