Fiscalía pide tres anos e nove meses de cadea para un home e para unha muller acusados por tráfico de drogas en Ribeira
Ambos foron interceptados en febreiro de 2022 a bordo dun coche na Rúa de Lugo, no casco urbano ribeirense, e incautáronselles distintas cantidades de cocaína e de heroína, entre outros efectos

Unha muller e un home deberán sentarse o vindeiro venres, 22 de maio, no banquillo dos acusados da sección compostelana da Audiencia Provincial da Coruña para a celebración dun xuízo sinalado para a unha da tarde e no que deberán responder por sendos delitos contra a saúde pública na modalidade de tráfico de drogas que causan grave dano á saúde das persoas. A Fiscalía solicita para cada un deles que se lles impoñan condenas de tres anos e nove meses de prisión e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o cumplimiento da pena, e o abono de multa de 300 euros no caso dela e de 2.800 euros para él, con responsabilidade persoal subsidiaria en caso de impago, e as costas pola metade.
O Ministerio Público indica no seu escrito de conclusións provisionais que os dous encausados -ela sen antecedentes penais e él con antecedentes non computables, e en ningún deles concurren circunstancias modificativas da responsabilidade criminal-, sobre as doce do mediodía do 23 de febreiro de 2022 atopábanse a bordo dun vehículo da marca Peugeot, pola Rúa de Lugo, en pleno casco urbano de Ribeira, cando fueron interceptados pola Policía Nacional portando sustancias estupefacientes destinadas ao tráfico e distribución a terceiros.
Concretamente, os axentes da comisaría atoparon en poder do procesado incautaron tamén unha caixa e un tubo con 2,974 gramos de cocaína, con purezas entre 85,79% y 83,69%, e un valor no mercado ilícito de 326, 28 euros en gramos y de 739,58 euros en dosis; 0,284 gramos de heroína, con una riqueza del 26,89% y un valor de mercado de 15,16 euros en gramos y de 42,22 en dosis; así como un fajo con 485 euros en billetes fraccionados y que, según asegura la Fiscalía, era dinero procedente de la venta de drogas a terceros; un monedero con 70 euros fraccionados en billetes y moedas; unha libreta con anotacións con nomes, cantidades e tipos de corte de estupefacientes.
Pola outra banda, no caso da muller arrestada atopóuselle unha caixa e un tubo cun total de 0,641 gramos de cocaína, con purezas entre 87,8% e 84,28%, que alcanzarían no mercado ilegal un valor total de 66,03 euros en gramos e 149,67 euros en dosis; unha libreta con anotacións, unha balanza e recortes de plástico. En poder










