Charo Pita atopa a ‘chave’ do reino a golpe de conto no centro cultural 'Lustres Rivas' de Ribeira
Unha trintena de nenos e as súas familias asistiu a unha nova sesión do ciclo 'Sábados de conto', que o vindeiro sábado 23 se trasladará ao centro social de Carriera e en horario vespertino
Unha trintena de persoas, entre nenos a partires dos 3 años e as súas familias, asistiu onte ao mediodía, no salón de actos do centro cultural ‘Lustres Rivas’ de Ribeira, a unha nova sesión do ciclo ‘Sábados de conto’, dentro da programación do Maio Cultural 2026. Nesta ocasión foi Charo Pita, unha habitual na capital barbanzana, onde recalou para deleitar a pequenos e maiores co seu espectáculo ‘A chave do reino’, da man da Rede de Bibliotecas de Galicia e o programa 'Ler conta moito'.
A responsable do departamento municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, que leva o peso deste programa, informou aos asistentes, que son habituais neste tipo de actividades, que o vindeiro sábado se trasladará ao centro social de Carreira, onde a partires das seis da tarde terá lugar 'Seres máxicos do Reino de Galicia' con Soledad Felloza. Os interesados en presencialo deberán realizar a súa inscripción previa enviando unha mensaxe cos seus datos á dirección de correo electrónico normalizacion@ribeira.gal.
Por outro lado, o sábado 30 de maio, regresarán os 'Sábados de conto' ao salón de actos do centro cultural 'Lustres Rivas', a partires das doce do mediodía, cunha actividade enmarcada na celebración das Letras Galegas 2026, que están dedicadas á xornalista Begoña Caamaño. O espectáculo que se podrá presencia será 'As mil e unha' a cargo de Vero Rilo, dentro de Falaredes, e estará dirixido a rapaces a partires de tres anos e ás súas familias. Os interesados en asistir deberán realizar a súa inscripción previa enviando unha mensaxe cos seus datos á dirección de correo electrónico normalizacion@ribeira.gal.










