Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Rianxo

A asociación cultural ‘Setefoghas’ programou para o domingo 24 de maio a botadura da dorna ‘Fasquía’

Cartel anunciador do acto da botadura da dorna 'Fasquía' na rampla vella do perirao rianxeiro
Cartel anunciador do acto da botadura da dorna 'Fasquía' na rampla vella do perirao rianxeiro
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A asociación cultural ‘Setefoghas’ de Rianxo programou para o vindeiro domingo, 24 de maio, a partires das doce do mediodía, a celebración da botadura da dorna “Fasquía”, un acto que ten lugar na chamada ‘Rampla Vella’ da vila rianxeira. Segundo dita entidade, a xornada promete converterse nun “encontro de celebración da cultura maríñeira e das embarcacións tradicionais galegas. 

A continuación, os asistentes poderán disfrutar dunha navegación pola Ría de Arousa a bordo de distintas embarcacións, entre as que destacan exemplares de embarcacións tradicionais tipo sovio, así como a buceta pertencente ao Concello de Rianxo, cedida á asociación. Tamén se prevé a participación de embarcacións dotras asociacións da bisbarra e do Club de Remo de Rianxo, o cal dará un carácter festivo e colectivo ao evento.

O programa da xornada, promovido por Setefoghas, entidade cultural comprometida coa recuperación e difusión do patrimonio maríñeiro e cultural galego -entre as súas actividades destacan a navegación en embarcacións tradicionais, a promoción da lingua e cultura galegas e a organización de eventos de ámbito local e comarcal-, completarase coa actuación do grupo musical Ten Quirisio e o peche para os socios chegará cuns petiscos nun ambiente de confraternidade e amor polo patrimonio maríñeiro.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620