Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Boiro

Antón Riveiro Coello xa é Fillo Adoptivo de Boiro polo seu compromiso coa lingua galega

Acto de nomeamento de Antón Riveiro Coello como Fillo Adoptivo de Boiro
Acto de nomeamento de Antón Riveiro Coello como Fillo Adoptivo de Boiro
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Pleno da corporación nomeou hoxe, nun Pleno extraordinario, a Antón Riveiro Coello como Fillo Adoptivo de Boiro. A proposta contou coa unanimidade da corporación.

Esta iniciativa nace dos equipos de Dinamización da Lingua Galega do municipio debido á longa traxectoria do autor polo seu compromiso coa lingua galega, así como pola súa proxección literaria máis alá do ámbito galego. Tamén destacaron o seu compromiso coa cultura da comarca do Barbanza e, especialmente, a súa contribución a proxectar a imaxe de Boiro cara o exterior.

Logo do Pleno tivo lugar un acto institucional na Casa Consistorial de Boiro onde o homenaxeado agradeceu á corporación polo nomeamento porque “o azar tróuxonos a unha vila como Boiro, onde o mar acabou por formar parte da miña vida e tamén da miña escrita, porque os lugares que amamos acaban escribindo dentro de nós”.

Rapaces e rapazas representantes dos centros de ensino do municipio fixeron lectura de textos do autor recollidos no ‘Cartafol do Barbanza’ e ‘A Voz do Lago’, mentres que o alcalde, José Ramón Romero, pechou o acto agradecendo a Antón o seu compromiso con Boiro “porque un non elixe onde nace pero si onde bota raíces”. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620