Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Boiro

Boiro convoca unha selección de quince socorristas a través dunha axuda de 17.100 euros da Xunta

Imagen de archivo de las pruebas de selección de socorristas en una localidad de la comarca barbanzana
Chechu Río
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para cubrir con carácter temporal de 15 prazas de socorristas acuáticos en espazos naturais no verán, para o cal se precisa ser desempregado e estar inscrito no Servizo Publico de Emprego de Galicia. O sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral. As funcións a realizar serán de prevención e vixilancia, sinalización das zonas de risco nas praias, prestar primeiros auxilios e atender e informar aos usuarios das praias e outras.

Os requisitos para formar parte do proceso selectivo pasan por pertencer a calquera dos estados asinantes do Tratado da UE con coñecementos da lingua castelá e galega, ter cumpridos os 18 anos, non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións do posto, non estar afectado por motivos de incompatibilidade, non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do posto de administración pública algunha, estar como mínimo en posesión do título de graduado en ESO e inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos. A contratación farase ao abeiro dunha subvención de 17.100 euros de la Consellería de Presidencia para dita prestación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620