Arredor de 700 motos ruxen na concentración ‘Sinfrenos’ na Pobra
A ruta mototurística que discurriu por Moldes, Xuño, Corrubedo, Artes e Ribeira e que regresou ao Paseo do Areal, e os espectáculos de 'Stunt Team', ‘Jaque Stunt’ e ‘NH-Pina’ foron multitudinarios
Non chegou ao obxectivo do milleiro de motos asistentes que os seus organizadores se marcaron, pero a XII Concentración Moteira ‘Sinfrenos’ de A Pobra resultou onte moi exitosa ao atraer a 700 motos e a 2.000 persoas, que disfrutaron das actividades, sobre todo da ruta mototurística que discurriu por Moldes, Xuño, Corrubedo, Artes e Ribeira e que regresou por Moldes -para evitar o paso pola travesía de Palmeira, cuxas obras atópanse paralizadas, manténdose a regulación semafórica nun treito debido a que a súa estreitez impide manter a doble dirección, o cal ralentiza o paso- ata o Paseo do Areal pobrense, que está a ser o epicentro das actividades, e logo dos espectáculos de 'Stunt Team', ‘Jaque Stunt’ e ‘NH-Pina’.
A programación deste evento desenvolveuse desde as doce do mediodía de onte coa apertura das inscripciones, serviuse un aperitivo de benvida e abriuse unha exposición de motos clásicas, que permaneceu ao longo de toda a xornada. Media hora despois iniciouse unha sesión vermú coa actuación do monologuista Manuel Maneiro, e na que se serviron callos ata fin de existencias. Ás catro a tarde reabriuse o periodo de inscripcións. Á volta da rhoubo na carpa da organización un picoteo a base de mexillóns da Ría de Arousa en escabeche e en salsa de vieira por xentileza de Friscos. Desde pouco antes da medianoite, e trala cea no Náutico, medianoche, y tras la cena en el Náutico, empezou unha sesión DJ con Tito Maverick e Mateo Abelleira.
Hoxe, domingo 17 de maio, haberá unha nova ruta mototurística pola localidad, e que concretamente levará aos participantes ata Cabío nun primeiro momento e logo subirá ao monte da Curota, desde onde se espera que o tempo meteorolóxico acompañe e quenes se sumen a esta proposta podan disfrutar das vistas da ría, e á súa conclusión haberá unha pinchada na carpa. Para as dúas e media desta tarde se programou a comida no Náutico, e unha hora despois procederase á entrega de premios e trofeos aos tres motoclubes máis numerosos, para logo proceder á despedida ata a edición do vindeiro ano, aínda que os inscritos están convencidos de que coincidirán noutros eventos similares pola comarca ou no resto de Galicia.










