Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Barbanza

O Pazo de Goiáns encherase de artesanía, literatura, baile e música no Día das Letras Galegas

Cartel de la XV Romaría das Letras no Barbanza en el Pazo de Goiáns
Cartel de la XV Romaría das Letras no Barbanza en el Pazo de Goiáns
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Pazo de Goiáns, en Boiro, acollerá o 17 de maio a XV Romaría das Letras no Barbanza, unha actividade que encherá o espazo de literatura, artesanía, baile e música.

A programación con motivo do Día das Letras Galegas arranca ás once, momento no que terá lugar a apertura de portas. A partir das 11:30 abrirase o mercado de artesanía e literatura onde haberá un stan adicado a Begoña Caamaño, homenaxeada nesta xornada.

As actividades continúan a partir das doce cunha actuación de baile galego da man de Xilbarbeira e Abanqueiro. Unha hora despois terá lugar o directo de Maricarme e, ás dúas, comezará o xantar popular amenizado polos Pequenos do Barbansa.

Pola tarde, a partires das catro, abrirá a zona infantil con Miudinho Cooperatica e comezarán as presentacións literarias con Xulio Gutiérrez e o seu libro ‘Elas’ e Encarna Otero e a súa obra ‘A Compostela de Begoña Caamaño”.

Os dous últimos actos programados son una demostración de baile galego ás seis cos grupos Aroña e Abeloura e o concerto do grupo Os Dábaixo que se subirán ao escenario as sete da tarde.

Programa de la XV Romaría das Letras no Barbanza
Programa de la XV Romaría das Letras no Barbanza
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620