Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Boiro contará co I campionato de remo indoor intercentros nos seus institutos

remo
A presentación da proba
beowner620V2
COLIMA 620
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Club de Remo Cabo de Cruz, coa colaboración do Concello de Boiro e Jealsa, promove o I campionato de remo indor intercentros nos tres institutos do municipio. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Gustavo Vázquez, do Club de Remo Cabo de Cruz; Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de Jealsa; e Manuel Pimentel, Pilar Barros e Xavier Figueira, mestres de educación física dos tres institutos boirenses.

Esta actividade ten como finalidade promover o deporte do remo e tamén realizar captación de deportistas. “Dende o Club de Remo traballamos cos institutos en distintas actividades e este ano sumamos esta modalidade do remo indoor para integrar esta unidade didáctica na programación”, afirmou Gustavo.

Participan nesta actividade máis de 160 alumnos de 1º da ESO do IES A Cachada, IES Praia Barraña e IES Espiñeira. Os alumnos e alumnas contarán como broche final deste proxecto e como axente motivador un campionato intercentros que terá lugar este próximo venres día dous de outubro de 11.00 a 13.30 horas no pavillón da Cachada.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620