Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

O Concello de Ribeira felicita a José Enrique Vázquez polos seus éxitos

A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, recibiron ao culturista

recepción ribeira
A recepción a José Enrique Vázquez no Concello de Ribeira
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Ribeira segue recibindo aos seus deportistas polos logros nas distintas disciplinas. Así, a alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, recibiron ao culturista José Enrique Vázquez Carreira trala súa participación durante este ano no Campionato de Europa IFBB-Santa Susana Barcelona e no Wakanda NPC-Madrid.

O ribeirense proclamouse en Barcelona campión europeo de en culturismos -75 kg e quinto posto en Classic Bodybuilding. No que respecta á proba en Madrid, converteuse en campión Wakanda de culturismo en categoría de -80 kg.

No seu palmarés deportivo tamén se atopan outros títulos como subcampión na categoría culturismo -70 kg no Campionato Galego IFBB-Lalín, no 2021; gañador en culturismo -70 kg e gañador do absoluto no Campionato Galego IFBB-Vilalba; bronce en culturismo -80 kg no Arnold Classic IFBB-Madrid; quinto do mundo en culturismo -70 kg e quinto do mundo en Classic Bodybuilding no Mundial IFBBSanta Susana Barcelona; e campión nacional en culturismo -70 kg e subcampión nacional en Classic Bodybuilding no Campionato Nacional IFBB-Ávila. Estes últimos celebráronse todos eles no pasado 2023.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620