Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Catoira prepárase para a III edición do ‘Trofeo BasketBaia de baloncesto 3x3’

O prezo será de 20 euros por equipo na categoría A, 25 euros na B e de 30 euros na categoría C

WhatsApp Image 2026-08-25 at 13.14.51
O cartel promocional do torneo de Catoira
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Catoira celebrará o vindeiro sábado 5 de setembro a terceira edición do ‘Trofeo BasketBaia de baloncesto 3x3’, unha cita deportiva que continúa medrando no calendario municipal e que volverá levar o deporte ás rúas e espazos públicos da vila viquinga. 

O torneo desenvolverase na Praza de Santa Baia, recuperando así o escenario exterior que xa acolleu a primeira edición, e contará con competicións en diferentes categorías, desde as idades máis temperás até sénior, aspirando a reunir un cento de participantes.

O alcalde de Catoira, Xoán Castaño, destaca a consolidación dunha iniciativa que “ano tras ano vai gañando presenza e que combina perfectamente dous dos obxectivos polos que apostamos desde o goberno local: fomentar a práctica deportiva e dinamizar os espazos públicos das nosas parroquias”. 

Neste sentido, subliña que o feito de levar o torneo á Praza de Santa Baia permite tamén “sacar o deporte das instalacións pechadas e convertelo nun espectáculo aberto, no que poden participar deportistas e achegarse tamén veciñas, veciños e visitantes”. 

O Concello salienta especialmente a aposta por un formato como o 3x3, unha modalidade que facilita a creación de equipos e permite organizar competicións nos espazos públicos con medios relativamente sinxelos. Ademais, explica Castaño, o seu carácter dinámico e a duración dos encontros favorecen que a xornada se converta nunha actividade deportiva e de lecer para participantes e público.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Raúl Gómez, anima a participar nesta terceira edición e salienta a diversidade de idades que abrangue o BasketBaia. “Queremos que o baloncesto sexa unha modalidade accesible e atractiva para todo o mundo, desde as nenas e nenos que están comezando até as persoas adultas que xa levan anos practicándoo”, explica Gómez.

O torneo contará con tres categorías: A, para premini/mini, de 8 a 11 anos; B, para infantil/cadete, de 12 a 15 anos; e C, para júnior/sénior, a partir dos 16 anos. As primeiras categorías comezarán a competir ás 10.30 horas, mentres que a categoría C iniciará os seus partidos ás 16.30 horas. As inscricións permanecerán abertas até as 22.00 horas do xoves 3 de setembro. O prezo será de 20 euros por equipo na categoría A, 25 euros na B e de 30 euros na categoría C.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620