Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Cabo de Cruz gaña o Trofeo Teresa Herrera

A embarcación patroneada por Manu Gago marcou un altísimo ritmo a partir do segundo longo

2A3A1889
Cabo coa bandeira
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

Cabo da Cruz, na proba masculina, e Perillo Salgado, na feminina, inscribiron por primeira vez o seu nome no palmarés do Trofeo Teresa Herrera de traiñeiras. Na quenda de honra da proba masculina, disputada en formato contrarreloxo, Cabo da Cruz non deu opción aos seus rivais. 

A embarcación patroneada por Manu Gago marcou un altísimo ritmo a partir do segundo longo que nin Tirán nin Samertolameu conseguiron aguantar. O campión da liga Galega avantaxou na liña de meta en 15 segundos a Tirán, que conservou a segunda praza pese ao gran último longo de Samertolameu.

A primeira quenda arrincara co dominio de Bueu Simei, que marcou o mellor tempo das dúas quendas na primeira virada (4:50). Os do Morrazo acabarían firmando o quinto mellor tempo (21:15,47), a tan solo seis segundos de Mecos. Na femenina Cabo da Cruz completou a quenda de honra cun rexistro de (11.51,77), na que Chapela revalidou o título.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620