Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

A ‘Pereka’ da Illa revalida o título de campión na nova edición da Copa Mörling

O segundo e terceiro posto do campionato de dornas a vela é para ‘Jalerna’ e ‘Nécora’

PREMIOS COPA MÖRLING
A entrega de premios da Copa Mörling celebrada no Concello de Poio
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A dorna ‘Pereka’ revalidou en Combarro o título de campioa galega tras disputarse cinco regatas que levaron ás dornas en competición polos portos de Portonovo, A Illa, Cambados, O Grove e, finalmente, Combarro. 

Tras unha primeira volta moi igualada entre Combarro, a illa de Tambo e Campelo, a dorna ‘Pereka’, da ACD Dorna da Illa, foi tomando a distancia definitiva coa ‘Jalerna’, tripulada por Ricardo e Manuel Dios, dos Dorneiros Regateiros de Cambados, e acabou gañando con autoridade a regata. Dezaoito dornas participaron nesta última proba e 39 na quinta edición do campionato galego de dornas a vela.

O terceiro posto na clasificación xeral da Mörling é para a ‘Nécora’, de Braulio García e Adelino Santamaría, tamén dos Dorneiros Regateiros. A cuarta e quinta posición ocupárona a ‘Xarandeira’ (Asociación Fasquía da Illa) e ‘Abuelo Tucho’ (Club Mariño Salnés), respectivamente. 

No acto de clausura da Copa Mörling estivo presente a presidenta de Portos de Galicia. Natalia Botana Rey afirmou que as regatas de dornas a vela representan “a ponte perfecta entre a náutica deportiva e a nosa tradición mariñeira”, sendo un “elemento diferenciador e de identidade nos portos galegos”.

A presidenta de Culturmar, entidade organizadora deste campionato, afirmou que as dornas son un “símbolo vivo da nosa identidade”. “Cada vez que unha dorna desprega unha vela, estamos honrando o legado dos nosos devanceiros e asegurando o futuro da nosa cultura marítima”, engadiu. 

Mónica Leiro Búa pediu o apoio das administracións, en especial a de Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, para “poder seguir navegado con rumbo firme”. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620