Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

O Concello de Ribeira felicita á regatista Alejandra Vicens polos recentes éxitos

Recepción regatista Alejandra Vicens. Agosto 2026
María Sampedro e Álex Vidal no Concello con Alejandra Vicens
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, recibiron á regatista Alejandra Vicens polos numerosos éxitos acadados ao longo do ano.

Tan só no 2026 xa sumou nove títulos ao seu palmarés deportivo: ouro no Campionato de España de Vaurien (As Pontes), bronce no Campionato Nacional Militar de Vela (Marín), clasificación para o Campionato do Mundo Militar e os Xogos Olímpicos Militares, segunda Palma Vela a bordo do TP52 AIFOS (Palma de Mallorca), ouro no Trofeo Conde de Godó a bordo do TP52 Hispania (Barcelona), bronce no Trofeo SM La Reina a bordo do TP 52 Hispania (Valencia), primeira no Campionato do Mundo de Vurien (Travemünde), prata na Copa do Rei a bordo do TP52 Hispania e ouro na Copa de España de Vaurien.

A ribeirense sempre estivo vencellada ao deporte, se ben, a nivel profesional decantouse por ingresar, con 18 anos, na Escola de Técnicas de Seguridade, Defensa e Apoio (Zaragoza) do Exército do Aire, de onde egresa como soldado especialista en Protección e Apoio á Forza. Agora atópase como Xefa da Oficina de Relacións Institucionais do Mando Conxunto do Ciberespacio do Estado Maior da Defensa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620