Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Ariadna Santamaría e Breogán Calviño proclámanse campións absolutos do XXIV Torneo de Tenis de Verán

A Fundación Municipal de Deportes clausurou o evento que se viña desenvolvendo nas pistas do complexo deportivo municipal de Fontecarmoa

A entrega de premios
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

 A Fundación Municipal de Deportes clausurou o XXIV Torneo de Tenis de Verán que se viña desenvolvendo nas pistas do complexo deportivo municipal de Fontecarmoa dende o 6 de xullo. Na actual edición proclamáronse campións absolutos nas modalidades feminina e masculina Ariadna Santamaría e Breogán Calviño, respectivamente. En dobres venceu a parella composta por Adrián Outón e Breogán Calviño, mentres que Ramón Rey gañou na categoría de veteranos e Gabriela Yufra na dos máis novos.

Á entrega de trofeos celebrada tras xogarse as finais absolutas asistiu o vicepresidente da Fundación de Deportes e concelleiro de Turismo, Álvaro Carou. Nela tamén se recoñeceu aos gañadores da categoría denominada "Lucky Loser" feminina e masculina, Amalia Vieites e Alex Arca, respectivamente. O trofeo á deportividade foi para Aarón García Ferral.

O torneo contou este ano coa participación de 110 deportistas repartidos nas seis categorías previstas e xogáronse un total de 120 partidos polo sistema de eliminatoria.

Na categoría A, Yufra venceu a Gael Arribas por 60 e 6-1, en veteranos, Ramón Rey gañou a Iván Vidal por un dobre 6-1. Na absoluta femenina Ariadna Santamaría venceu a Mª Victoria Fernández por 6-0 e 6-1. Breogán venceu a Martín Fernández por 7-5 e 6-4.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620