Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Meaño presenta a nova edición da súa Carreira Popular con novidades

A inscripción será totalmente gratuíta e haberá premios importantes na proba que se celebra o 13 de setembro

carreira meaño
As autoridades durante a presentación
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Meaño presentou a 40ª edición da Carreira Popular de Meaño, unha edición especialmente simbólica que conmemora catro décadas dunha das citas deportivas máis tradicionais e queridas do municipio.

Durante a presentación, o alcalde de Meaño Carlos Viéitez, destacou a satisfacción que supón alcanzar esta efeméride: “Catro décadas de deporte, de participación e de convivencia. Corenta anos nos que esta carreira se converteu nunha das citas deportivas referente a nivel autonómico”.

A carreira celebrarase o domingo 13 de setembro, ás 10:30 horas, e contará con diferentes percorridos co obxectivo de facilitar a participación de deportistas de todas as idades e niveis. 

A proba principal contará cun percorrido de 6.300 metros, mentres que tamén haberá un circuito mediano de 1.600 metros e un circuito pequeno de 1.000 metros, permitindo así que tanto os atletas máis experimentados como os máis novos poidan desfrutar da xornada.

A presentación contou tamén coa presenza de destacados protagonistas da carreira. Entre eles, David de la Fuente, gañador da pasada edición na categoría absoluta, subcampión de España dos 5.000 metros e campeón galego de 10.000 m; Sila Padín, gañadora da pasada edición na categoría absoluta feminina; e Roberto Trigo, veciño de Meaño que compite habitualmente nesta proba. 

Desde o Concello salientouse a importancia de manter viva unha carreira que, ao longo destas catro décadas, conseguiu converterse nun punto de encontro para o deporte e para os veciños, combinando a práctica deportiva coa convivencia e coa promoción dos hábitos de vida saudables.

Outro dos grandes atractivos desta edición é que a participación será totalmente gratuíta e haberá importantes premios. A 40ª Carreira Popular de Meaño quere ser, unha vez máis, unha gran festa do deporte no Concello.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620