Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Tres deportistas dos Ingleses representan a Galicia no Campionato de España

WhatsApp Image 2026-06-15 at 13.46.14
Os deportistas dos Ingleses 
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O club de rugby Os Ingleses contou con tres representantes no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby Seven (CESA 7s), celebrado esta fin de semana en Valladolid, unha das citas máis importantes do calendario estatal de rugby base.

Candela Pérez Iglesias e Lía Carracedo Taboada formaron parte da selección galega feminina M18, que rematou na sétima posición tras impoñerse a Murcia por 24-5 no encontro que decidiu os postos do sétimo ao oitavo. Pola súa banda, Martín Oubiña Fernández integrou a selección galega masculina M16, que tamén acadou o sétimo posto final ao superar a Asturias por 40-21 no seu último partido do campionato.

A presenza de tres xogadores do club nun torneo deste nivel supón un novo recoñecemento ao traballo de formación que Os Ingleses desenvolve nas súas categorías de base e ao compromiso dos seus deportistas. Ademais dos resultados acadados polas seleccións con presenza de Os Ingleses, Galicia conseguiu tamén o sétimo posto na categoría M16 feminina tras vencer a Murcia por 15-10, mentres que a selección masculina M18 concluíu a competición na oitava posición.

A representación de Os Ingleses no CESA 7s completouse coa presenza de Chamy Doval no corpo técnico da selección galega masculina M16, contribuíndo ao sétimo posto final acadado polo combinado autonómico.

Desde Os Ingleses queren felicitar a todos os xogadores e xogadoras participantes pola súa dedicación e esforzo, así como agradecer á Federación Galega de Rugby a confianza depositada nos deportistas do club para representar a Galicia nun evento de máximo nivel competitivo.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620