Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Portonovo acolle a vinte dornas na primeira regata da Copa Mörling

14/06/2026 20:40
vela
A regata en Portonovo
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Portonovo celebrou a XVII Regata do Sepelo, a primeira proba puntuable da Copa Mörling de Dornas a Vela. Aínda que a previsión inicial era que deran dúas voltas a un campo de regatas o escaso vento obrigou a acurtar o percorrido, dando por válida a clasificación ao rematar a primeira volta.

A sorpresa desta regata deuna a dorna ‘Fungona’, embarcación da Asociación Dorneiros Regateiros que logrou o primeiro posto seguida da ‘Abuelo Tucho’, do Clube Mariño Salnés. A catro veces gañadora da Copa Mörling, a ‘Pereka’, da Asociación Cultural e Deportiva da Illa de Arousa, fíxose co terceiro posto, seguida pola tamén arousá ‘Selosa’. O quinto posto foi para ‘Miserela’, embarcación que se estrenaba como participante desta competición de dornas a vela.

A Copa Mörling continuará o vindeiro sábado 20 de xuño coa celebración da IX Regata do Salnés, en Cambados, organizada de forma conxunta pola Asociación A Torre e Dorneiros Regateiros.

O circuíto arrancará ás 16.30 horas desde o peirado de Santo Tomé. Media hora antes, reunión de patróns e patroas para recibir toda a información sobre o campo da regata e outros aspectos que poidan resultar de utilidade para as tripulacións.

Culturmar organiza este campionato, xunto coas asociacións locais de cada un dos portos do circuíto. Este ano, serán un total de cinco regatas entre os mese de xuño e agosto. Despois de Portonovo e Cambados, a Copa seguirá na Illa de Arousa (Triángulo do Cantiño, 27 de xuño): o Grove (Regata dos Faros, 4 de xullo); e con remate o 22 de agosto en Combarro (Poio), na Regata da Reiboa. A Copa Mörling é unha proba que naceu como mostra de agradecemento á labor realizada por Staffan Mörling.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620