Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

O Club Xiabre organiza a XXIX Marcha Arousá o 21 de xuño

Partirá de Carril e rendirase homenaxe a Samuel Blanco Prol

_A7A9396_16563600
Imaxe de arquivo da edición na que se homenaxeou a Avelino Barreiro
Gonzalo Salgado
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Club Ciclista Xiabre organiza o domingo 21 de xuño a XXIX edición da Marcha Cicloturista Arousá con saída e chegada na vila mariñeira de Carril, en Vilagarcía de Arousa. A saída é desde Carril coa súa famosa illa de Cortegada, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Trátase dunha ruta ciclista neutralizada de 100 km cun tramo libre de 11,3 km que inclúe a subida dende Abalo, en Catoira, ata o alto da Meda no monte Xiabre.

Na edición deste ano o ascenso ao alto de Meda coincide co tramo final da Marcha e realízase pasando polo lugar de O Busto en Abalo, en Catoira. A Marcha Cicloturista está aberta á participación de ciclistas maiores de 15 anos ou que os cumpran durante o ano en curso e dispoñan de licenza federativa. A saída da marcha será ás 9:15 horas dende o Pavillón Polideportivo de Carril e a hora estimada de chegada ás 13:56 horas ata o mesmo lugar da saída.

Nesta edición da Marcha rendiráse homenaxe ao xa ex-ciclista profesional galego Samuel Blanco Prol. Entre outros ciclistas estarán presentes O cambadés Angel Sanchez Rebollido que corre no equipo portugués Tavfer - Ovos Matinados - Mortágua, ou o ex ciclista profesional Gustavo César Veloso. Neste caso axudando na dirección técnica da Marcha dende o coche. 

“Aproveitamos a oportunidade para lembrar que as inscricións para a Marcha están abertas até ao xoves día 18 de xuño e animamos ás e aos ciclistas a sumarse á festa do cicloturismo arousá o vindeiro domingo día 21 de xuño”, comentan dende a organización da proba ciclista.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620