O Pavillón de Barraña acolle os días 30 e 31 de maio o Campionato Galego Escolar de Combate e o Campionato Galego Exhibición de Hapkido que organiza o club de taekwondo Malamía. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Daniel Torrado, presidente do club Malamia; Renso Renso Rodríguez, director de arbitraxe da FGT; e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de Jealsa.
Mañán desenvolverase, a partir das 9: 30 horas, o Campionato Galego Exhibición de Hapkido que se realiza por primeira vez no noso concello. “O ano pasado celebramos o escolar con moi bos resultados e este ano agardase a participación durante toda a fin de semana de 500 deportistas”, afirma Daniel Torrado.
E o domingo terá lugar o Campionato Galego Escolar de Combate que se celebrará en horario de mañá e tarde. “Dende a Federación estamos moi contentos de poder organizar aquí este evento por terceiro ano consecutivo e que aumente a participación”, recoñeceu Renso Rodríguez.
“O deporte de contacto axuda aos rapaces e rapazas a mellorar como persoas polos valores de discipina e respecto” afirmou a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, que lle desexou sorte a todos os deportistas que van participar nesta proba, que reafirma o compromiso co deporte.










