
O alcalde, Samuel Lago, e a edil de Deportes, Noelia Gómez, xogando
Gonzalo Salgado
O Concello de Cambados presenta o I Torneo de Verán amateur de tenis de mesa organizado polo Club Cambados Tenis de Mesa e a ONG Rescate, coa colaboración do Concello de Cambados.
Á presentación asistiron o alcalde de Cambados, Samuel Lago, e a concelleira de Deportes, Noelia Gómez, quen realizaron o simbólico “saque de honra” e xogaron unhas partidas de tenis de mesa. O evento terá lugar o próximo día 27 de xuño de 2026, ás 16:00 horas, no Pavillón do Pombal, e a participación está aberta para a cidadanía amateur non federada que queira pasar un bo intre xogando ao ping-pong.
Ademáis, a todas as persoas participantes regalaráselles unha camiseta conmemorativa do evento cambadés.










