Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Boiro acolle a Velada de Boxeo III Memorial Luis Torrado

Terá lugar este sábado 23 de maio a partir das 20:00 horas no Pavillón Municipal de Barraña e contará con nove combates

boxeo01
As autoridades na presentación
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Boiro colabora co club Torrado Treus no desenvolvemento dunha nova edición da velada de boxeo que terá lugar este sábado 23 de maio e que será o III memorial a Luis Torrado Treus. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo; e José Antonio Vidal, presidente do club Torrado Treus.

Esta nova edición da velada de boxeo terá lugar o sábado a partir das 20.00 horas no Pavillón de Barraña e contará con nove combates, 4 amateur e 5 neo pro. “Teremos un competidor do club, boxeadores de fora e un combate de élite”, afirmou José Antonio Vidal, presidente do club Torrado Treus. 

A velada deste ano terá un fin solidario pois nela recadaranse fondos para Daniela Otero, unha rapaza boirense cunha enfermidade non diagnosticada. “O boxeo é tamén un deporte moi solidario polo que esperamos que o público se implique e desfrute dun gran espectáculo”, recoñeceu Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo.

O concelleiro de Deportes agradeceu ao club e á federación a súa implicación para que esta velada se siga a realizar en Boiro e que se faga na memoria dun veciño de Boiro “que fixo moito polo boxeo e polos deportes de contacto en xeral”. 

As entradas están xa a venda e teñen un prezo de 12 euros anticipada e 14 en taquilla. As anticipadas poden conseguirse no ximnasio Ozono, en Motor Café e tamén se poden conseguir en Recambios Triñanes.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620