Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

O Concello de Caldas celebra este sábado a súa V Carreira de Orientación

O tenente de alcalde, Manuel Fariña, fai unha chamada a participar tanto a deportistas como a familias nesta proba xa consolidada

Carrera orientación Caldas_20131985
Imaxe de arquivo da primeira carreira de orientación en Caldas de Reis
EC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Caldas de Reis vai celebrar este sábado pola tarde a quinta edición da súa Carreira de Orientación, neste caso polos montes de Santa María, nunha cita que xa está consolidada e que contará con máis de 200 persoas participantes entre as súas tres modalidades. O tenente de alcalde Manuel Feriña subliña que ante a climatoloxía prevista e a alta participación de deportistas e familias, a xornada promete moi bo ambiente.

A proba terá lugar entre as cinco e as oito da tarde polo medio dos camiños e sendeiros do monte de Santa María, así como pola contorna de Segade e o río Umia, entre a natureza. A organización proverá dun mapa do monte ás persoas participantes, así como dunha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada baliza. 

Competirase na modalidade Rogaining, que consiste en conseguir o maior número de puntos (cada punto de referencia terá unha puntuación diferente) no menor tempo posible. Quen queira participar poden facelo de maneira individual ou por grupos, con ata seis participantes por equipo.

As categorías son ‘xestiñas’, para crianzas, cunha proba sinxela física e tecnicamente de menos de 4 quilómetros en total; ‘xestas’, unha categoría para persoas adultas, con nivel físico e técnico medio e menos de 5 quilómetros en total; e ‘xesteiras’, para persoas con coñecementos de orientación medios e altos e nivel físico e técnico alto (de máis de 7 quilómetros en total). As saídas serán en masa, todo o mundo da mesma categoría á vez.

As inscricións –totalmente de balde- aínda están abertas na páxina xestanatureza.com. Para as persoas interesadas en profundar no regulamento e os detalles do evento, ademais dos datos dispoñibles en xestanatureza.com, pódese solicitar máis información no teléfono dos responsables técnicos 644 56 76 14 ou en info@xestanatureza.com. 

O tenente de alcalde Manuel Fariña fai unha chamada a participar nesta proba xa consolidada no calendario deportivo caldense, iniciada no pasado 2024 cunha gran resposta.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620