Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

O peirao de Cabo de Cruz acolle esta fin de semana competición de traiñeiriñas e remo veterano

remo02
remo02
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Peirao de Cabo de Cruz acolle esta fin de semana dúas citas co remo organizadas polo Club de Remo Cabo de Cruz coa colaboración do Concello de Boiro. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da proba xunto co presidente do Club de Remo, Luís Piñeiro, e a directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo.

O domingo celebrarase a I Bandeira de Traiñeiriñas Concello de Boiro que será a partir das 10.30 horas. “Trátase dunha competición de carácter autonómico e na que está previsto que participen máis de 70 barcos que congregarán a preto de 500 deportistas”, recoñeceu o presidente do Club de Remo.

Previamente a iso, o sábado a partir das 16.30 horas disputaranse a VI Bandeira Veterana feminina We Sea e a IV Bandeira Veterana masculina We Sea. A directora de Relacións Institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, puxo en valor o traballo destas tripulacións “que practican un deporte duro pero no que prima o compañeirismo e valores como o esforzo e o traballo en equipo que son o que promovemos dende Jealsa”.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, convidou á veciñanza a “desfrutar de dúas xornadas do deporte do remo no noso pobo” e recoñeceu que “estamos moi contentos de seguir sumando ao noso calendario deportivo probas de gran nivel e que promoven o deporte base como esta liga de traiñeiriñas”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620