Caldas de Reis acollerá tres novas grandes citas do salvamento acuático galego
A primeira será este sábado 28 pola tarde, coa celebración do VIII Campionato Galego Máster

A piscina municipal Antía García Silva de Caldas de Reis será escenario nas próximas semanas de tres importantes competicións do calendario galego de salvamento e socorrismo, reunindo case 400 deportistas de toda Galicia.
A presentación oficial celebrouse hoxe na propia instalación coa presenza de Blanca García-Señoráns Álvarez, Directora Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia; Guillermo Reinaldo Barcia, Coordinador de Deporte Escolar da provincia de Pontevedra, Miguel Ángel Pérez Dubois, Xefe do Servizo de Emerxencias, Nuria Rodríguez, presidenta da Federación galega de salvamento e socorrismo e vicepresidenta da federación española, Jacobo Pérez e Manuel Fariña, Alcalde e tenente-alcalde de Caldas de Reis, Fernándo Pérez, membro da corporación municipal caldense e Rubén Monteagudo, presidentedo Club Acuático Umia.
A primeira cita será este sábado 28 pola tarde, coa celebración do VIII Campionato Galego Máster, que contará coa participación de 75 deportistas maiores de 30 anos pertencentes a 9 clubs nunha única sesión que dará comezo ás 15:45h.
O domingo 1 disputarase a fase finalda Primeira División da Liga Galega Absoluta, con preto de 100 deportistas dos cinco equiposque integran a máxima categoría: Sysca, Umia, Vilagarcía, CNS A Estrada e Salvour.Na clasificación provisional lidera o Sysca, seguido do Umia en segunda posición e do Vilagarcíaen terceira. O CNS A Estrada ocupa a cuarta praza, mentres que o Salvour xa certificoumatematicamente o descenso. As sesións comezarán ás 10h e ás 16h.
A programación completarase o sábado 7 pola tarde e domingo 8 de marzo, co Campionato Galego Cadete e Xuvenil, que reunirá a 185 deportistas de 12 clubs galegos, converténdose nunha das citas con maior participación da tempada.
Entre participantes, equipos técnicos, acompañantes e público, máis de 1.000 persoas pasaránpor Caldas nestas dúas fins de semana, nun evento que supón tamén un importante impactosocial e económico para o municipio.
Este Campionato Cadete-Xuvenil será retransmitido en directo por streaming e contará coa colaboración da Asociación de Hosteleiros de Caldas,podendo seguirse toda a competición nos bares e restaurantes da localidade.
Agradecementos
O alcalde da vila termal, Jacobo Pérez, destacou que “é un orgullo para Caldas acoller competicións deste nivel, que non só sitúan á nosa vila no mapa deportivo galego, senón que tamén xeran actividade económica e movemento social arredor do deporte”.
Pola súa banda, o tenente alcalde, Manuel Fariña, subliñou que “estes campionatos demostranque Caldas conta coas instalacións e coa capacidade organizativa necesarias para ser sede degrandes eventos, reforzando a nosa aposta polo deporte como eixo de dinamización local”.
Desde a Federación Galega, Nuria Rodríguez agradeceu ao Club Acuático Umia “a súa dispoñibilidade e esforzo constante para facer posible estas citas”, e sinalou que “estes campionatos van amosar o grande nivel deportivo no que se atopa o salvamento acuático galego neste momento, non só en número de deportistas, senón tamén en calidade competitiva”
Pola súa parte, o presidente do Club Acuático Umia, Rubén Monteagudo, manifestou que “desde o club estamos encantados de seguir acollendo campionatos deste nivel na nosa piscina. Contamos con preto de 30 voluntarios e voluntarias traballando en todas as xornadas para quetodo saia adiante, o que demostra o compromiso da nosa entidade”.
Monteagudo quixo tamén agradecer “á empresa Barbatana, responsable da xestión da piscina, a súa gran disposición e colaboración continuada co club e co noso deporte".







