Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Un Trofeo Caldas Villa Termal de récord con el Club Acuático Umia como gran vencedor

Case 400 deportistas, 15 clubes e  preto de mil persoas déronse cita na Piscina Antía García Silva para a quinta edición do torneo

Club Campion trofeo caldas vila termal
Club Campion trofeo caldas vila termal
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Case 400 deportistas pertencentes a 15 clubs déronse cita este fin de semana na V Edición do Trofeo Caldas Vila Termal. Uns números de récord que confirma este evento como unha das grandes datas a nivel autonómico en nacional. Preto de mil persoas achegáronse durante as xornadas á Piscina Antía García Silva para desfrutar desta cita.  

Ademais, celebrouse, por primera vez, os Xogos Alevíns Caldas Vila Termal no que participaron 55 nenos e nenas nunha xornada de carácter non competitivo centrada na convivencia e na aprendizaxe.

Os participantes nos I Xogos Alevins Vila Termal
Os participantes nos I Xogos Alevins Vila Termal
Cedida

O Club Acuático Umia levouse o campionato nas categorías abosoluta e máster, con 200 puntos máis que o SAL Laracha. Con todo, nas categorías infantil e cadete, as tornas foron contrarias xa que foi o SAL quen aventaxou ao Umia. Nas dúas sesións, foi o Sysca quen acadou o terceiro posto na clasificación. 

Tras a suma de tódalas categorías, o Umia alzouse co premio final tras acadar 860 puntos, o SAL Laracha foi segundo con 640 mentras que a terceira praza foi para o Sysca con 480

O nivel da cita foi moi alto, chegando a batéronse 15 récords do campeonato. Destaca a actuación de Lidia Aboy, quen superou o marca galega júnior e o récord de España na proba de 100 metros atletas cun tempo de 56,67, inda que depende de validación. 

Pola súa parte, Paula Pena, en dúas ocasións, e Martín Seoane, ambos do CNS A Estrada, bateron o récord galego dos 50 metros arrastre, a primeira na categoría cadete e o segundo na xuvenil. No 4x25 arrastre, o Sysca firmou unha nova marca máxima galega na categoría júnior femenino. O Umia fixo o propio na mesa proba pero en categoría abolsuta, cun equipo formado por Asier Ramos, Hugo Loureiro, Abel González e Manu Vilar

O Clube Acuático Umia valorou positivamente esta edición xa que “supón un salto cualitativo tanto a nivel deportivo como organizativo, consolidando Caldas como un referente estatal no salvamento e socorrismo”. O clube confirma que a sexta edición do Trofeo Vila Termal volverá a celebrarse en Caldas na derradeira fin de semana do 2026.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina