Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
+Deportes

Ribeira homenaxea ó regatista Bruno Iglesias polos seus éxitos recentes

"Queremos desexarlle que o vento sempre sopre ao seu favor e que conta co cariño de toda a cidadanía", di Mariola Sampedro

Recepción regatista Bruno Iglesias en Ribeira
Recepción regatista Bruno Iglesias en Ribeira
Cedida
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

A corporación municipal de Ribeira quixo recoñecer a traxectoria e os últimos logros acadados polo regatista Bruno Iglesias Sanlés coa entrega dunha placa, nun acto no que tamén estivo acompañado pola súa familia e o Club Náutico Deportivo de Ribeira.

No transcurso da actual tempada, o deportista sitúase como campióndo ranking. Ademais, alzouse co título de Campión de España na Copa de ILCA 6 celebrada na outra banda da ría de Arousa no pasado mes de outubro, liderando as categorías Sub 17, Sub 19 e Sub 21.

Recepción regatista Bruno Iglesias
Recepción regatista Bruno Iglesias
Cedida

Durante o acto, a alcaldesa, María Sampedro, expresou o “orgullo de celebrar sempre aos nosos veciños e é un día para celebrar a unha futura promesa da vela. Somos un municipio que mira ao mar, estreitamente vencellado a el, tamén no ámbito deportivo. Bruno é un claro exemplo deses deportistas que empezaron na casa ata acadar gran proxección, pero sen nunca esquecer os seus inicios. E aínda todo o camiño que lle queda por diante e tódolos títulos por conquistar para seguir facéndonos sentir orgullosos, para seguir levando o nome de Ribeira onde queira que vaia”.

A isto, a mandataria local engadiu que “nós queremos desexarlle que o vento sempre sopre ao seu favor e que conta co cariño de toda a cidadanía ribeirense como tripulación onde queira que se dirixa, independentemente do estado do mar”. 

Unha futura promesa que xa conta con bagaxe no mundo do mar porque, como repasou o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, estes últimos resultados son froito “dunha absoluta dedicación e entrega á vela. De seguro que nos seguirá traendo alegrías a Ribeira”.

Recepción regatista Bruno Iglesias
Recepción regatista Bruno Iglesias
Cedida

A rexedora quixo remarcar a importancia que ten para a sociedade o club, con 400 socios e 250 embarcacións, así como o seu mecenas e presidente honorífico, Ramiro Carregal Rey. “Quero agradecer en nome deste Concello a súa entrega para formar aos máis mozos na vela, por fomentar a práctica deportiva e os valores inherentes á mesma”, destaca Mariola Sampedro no acto de homenaxe a Bruno Iglesias.

0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina