Álex Tubío: “Quero que se vexa un Arosa intenso, con carácter, e que sexa valente”
O preparador físico dos arlequinados valora o inicio da tempada en Segunda RFEF

O Arosa SC conta as horas para arrancar a nova aventura en Segunda RFEF. Un comezo que implica cambios en todos los aspectos, entre eles, a preparación física dos xogadores, que volve a caer nas mans de Álex Tubío, quen xa traballou durante a pasada tempada codo con codo co equipo de Gonza Fernandez.
Como se atopa todos a escasas horas de comezar a tempada?
Ben, a verdade é que o equipo está adestrando moi ben, nótase que se acerca a competición porque hai bastante ritmo e intensidade. Penso que chegamos nun bo momento de preparación previa.
En comparación coa pasada campaña, cambiou algo esta pretemporada?
Sí. Dispoñemos de algo de material para facer traballo de forza e foi algo ó que lle din moita importancia. Non só para previr lesións, se non tamén porque nesta liga hai moitos equipos que son moi físicos e por intentar ser máis fuertes ou incluso superiores neses duelos individuais.
Vai máis enfocada á forza física la preparación para Segunda?
Debería ser así sempre, o que pasa que como este ano dispoñemos do material e considero que, a priori, como somos recién ascendidos, non vamos a ser un equipo dominador como podríamos ser o ano pasado, pois temos que aproveitar mellor esas armas e converternos nun equipo forte porque esos duelos inviduais van a ser bastante importantes.
Que cree que é o máis importante de conseguir durante as semanas de preparación?
Para min é ter o maior número de xogadores disponibles para poder facer adestramentos de calidad. Se hai unha plantilla de 24, pois se poden estar todos mellor. Para iso é importante o traballo de forza, a prevención de lesións e a xestión das cargas individuais.
Entrenar polas mañáns é algo fundamental para apretar máis a nivel físico aos xogadores
Cando considera que un equipo está físicamente preparado para comezar unha tempada?
Non teño datos obxetivos en sí. Pero cando máis ou menos xa ves que o ritmo entrenando é alto. Cando toleran uns 85 minutos con bastante densidad.
Que tipo de equipo quere que vexa a afición?
Intenso. Que sea valente e demostre carácter, que xoguen con ambición, que non se sintan inferiores a nadie. Polo menos que dé a sensación de que das absolutamente todo no campo para acadar os resultados. O equipo non escatima en esforzos, son solidarios.
Como se centra a nivel individual cando no hai más opción?
Normalmente antes de comenzar teñen un traballo de movilidade, e despois global. Ao acabar cada adestramento mándanme unha escala de esforzo percibido, e antes fan un cuestionario para saber cómo están de fatiga, descanso, estrés... a partir de aí vou axustando as cargas e sei se algún xogador ten máis risco, e vou mirando a cal hai que controlar máis dentro desa semana, sempre falando co míster. Se ten algunha molestia mándase un traballo para facer él.

O preparador físico soe ser unha figura que pasa desapercibida, cal é a parte do traballo que non ve o aficionado?
É difícil de ver, porque as veces se o xogador non corre, bótanlle a culpa á preparación física, e non sempre é así. Se lle poñemos un analizador ó mellor está voando físicamente, pero a nivel emocional ou o propio contexto do xogo non permite desenvolver as túas capacidades. O que non se ve é o tema da xestión, é dicir, o preparador físico, polo menos no meu caso, xestiona co corpo técnico os conceptos que queren traballar e eu aplícoos as miñas tarefas. A nivel condicional, chegamos a un consenso de qué temos que traballar, e se hai saltos de carga pois regulamos os minutos que xogue ou se non pode xogar.
Ata qué punto a idea de xogo do adestrador pode condicionar a preparación?
Pois afecta moito. En función da metodoloxía é máis complicado. Co corpo técnico actual temos unha visión moi similar e é moi fácil traballar con eles. Non se paran as tarefas, é moi dinámico, e os 90 minutos de adestramentos son de práctica total, non hai paradas, polo que chegan a ter esa activación.
Realmente adestrar polas mañáns supón algún beneficio físico?
Hai estudios que sí que falan diso porque é cando os niveis de cortisol están máis baixos e, polo tanto, o xogador está máis preparado para adestrar. Tamén hai algúns que entrenar ó mediodía é a mellor hora por regulación. Pero para min é fundamental entrenar polas mañáns, porque se vas ás tardes, o xogador ven cansado de todo o día, e a nivel de activación vai ser totalmente diferente. Se queres incidir en algo ou apretar máis a nivel físico, corres o risco de que estén moi cansados e sexa máis lúdico.
Temos que aproveitar e ser un equipo forte nos duelos individuais, vai a ser clave
Que vai a ser importante para poder manter un ritmo alto toda a tempada?
O fundamental é contar co maior número de xogadores posibles e dosificar cargas. Ver que se cun xugador hai dúbidas, facerlle saber que ese partido non o vai xogar porque para algo hai unha plantilla amplia. Somos 24, é importante dosificalos e saber que todos forman parte do equipo.
Que é o máis diferente de preparar a un xogador do Arosa con respecto a unha persona de a pé?
O máis diferente é que un xogador vive desto e ten que rendir cada fin de semana. Unha persona de a pie pode estar máis cargada durante a semana.
Que se espera deste ano?
Unha aprendizaxe, porque nunca preparei a un equipo con viaxes, que é un punto a ter en conta, sobre todo por cómo xestionar os descansos antes dos adestramentos.
O camino ata Segunda RFEF
Álex Tubío xa se encargou da preparación dos arlequinados a pasada campaña, na que lograron o ascenso catro anos despois.
Que diferencia a este Arosa do de tempadas pasadas?
A nivel físico, pois que temos a posibilidade de facer traballo de forza. Hai un salto de calidad por parte dalgúns xogadores, e os que chegaron teñen moitas ganas de traballar, que o ano pasado tamén o había. Pero os que pegan ese salto son un exemplo para o resto.
Cal foi o momento máis complicado?
Cando empezas a dudar do teu traballo. Ás veces cando os resultados non se dan chegas a planterarte se te estarás equivocando con algo, dende un punto de vista para atopar unha solución. O máis complicado foi o partido contra o Cambados, que tíñamos que estar máis enchufados.












