Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Un campión para a historia

O Arosa acadou o título e o ascenso cun plantel no que a metade dos xogadores xa estaban o ano pasado. Pacheco e Iñaki, os únicos superviventes deste ciclo de catro anos en Terceira RFEF

Foto oficial do plantel do Arosa 2025-2026 no campo da Lomba coa copa de campión da Terceira RFEF  |
Foto oficial do plantel do Arosa 2025-2026 no campo da Lomba coa copa de campión da Terceira RFEF |
Lucía Chazo - Arosa SC
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Arosa SC 2025-2026 pasa á historia nos oitenta anos de vida da entidade polo seu título de Terceira RFEF, ao marxe do ascenso de categoría. Á cuarta chegou a vencida cun plantel onde só dous xogadores iniciaron este camiño de volta a Segunda Federación dende que o equipo caeu á quinta categoría. Son Pacheco e Iñaki Martínez, que levan catro anos loitando polo obxectivo que se conseguiu esta temporada. 

Chegaron a A Lomba na 2021-2022 da man de Luisito Míguez. O central iniciou a súa segunda etapa en Vilagarcía, xa que estivera dous anos en Terceira División con Rafa Sáez, xogando un "play-off" de ascenso a Segunda B. Xusto o ano que marchou ao Somozas foi no que ascendeu o Arosa.Tiña unha espiña cravada que pudo arrincarse o pasado domingo.

Capitán aos seus 34 anos, o defensa da Lama levantou o trofeo de campión con rabia e alivio. Saldou unha conta pendente da que estaba moi responsabilizado. O mesmo que Iñaki. Chegou ao Arosa con 22 anos procedente do Pontevedra. Durante estas catro temporadas o seu rendemento foi bo, amparado nas cifras de goles. Oito na primeira, na que o equipo foi subcampión, 6 na segunda, caendo de novo no fase de ascenso, 4 o ano pasado, a máis frouxa coincidindo co pobre rendemento do equipo que acabou sexto, e 7 nesta liga, marcando na remontada ante o Céltiga.  Iñaki e Pacheco viviron de todo en Vilagarcía estes anos. Bos e malos momentos, pero nada comparable con este campionato. 

Martín Diz e Concheiro, xunto a Dani Sánchez, levaban tres anos buscando este ascenso. Neste tempo gozaron da Copa do Rei, pero tocoulles vivir máis decepcións que alegrías. O central canteirán en forma de lesións. Diz e Concheiro foron xogadores moi importantes estes tres anos, xogando moitos minutos. O extremo vilagarcián é determinante na categoría, mentres que o centrocampista coruñés volveu a ser un fixo (case 2.200 minutos) e anotou 5 goles, a súa mellor cifra coa arlequinada.

Curiosamente foi a temporada pasada, a peor con diferencia das catro en canto a resultados, cando se puxeron as bases deste Arosa campión. Da man de Dani Abalo chegaron Luis Castro, Mario García, Carlos Torrado, Samu Santos, Tapha, Javi Rey e Rivera. A maioría non estiveron ao nivel esperado o pasado ano, en relación a súa calidade e traxectoria, por diferentes motivos en cada caso, pero tanto David López “Perú” como o técnico Gonza Fernández non dubidaron en renovalos esta temporada.

Non se pode explicar o éxito deste Arosa sen xogadores como Carlos Torrado (participación directa en case 20 goles), Jose Rivera (case dous mil minutos e 6 goles) ou Samu Santos (case 2.300 minutos). O Arosa 2025-2026 deu continiuidade a unha ducia de xogadores, realizando fichaxes no verán que xa estaban na axenda o ano pasado. Gabri Palmás (13 goles), Remeseiro e Chema (máis de 2.800 minutos), Álex Rey (8 goles), Edgar (20 partidos titular) ou o revulsivo Lombao, xunto aos xogadores que chegaron no mercado invernal como Manu Fernández, Yoel Crespo e Susavila, sen olvidar a canteiráns como Seijo, permitiron que o Arosa dispuxera dun plantel amplo, experimentado e coa mentalidade necesaria para proclamarse como o mellor equipo da categoría, grazas ao bo traballo de Gonza e o seu corpo técnico. 

Chema Leobalde. Xogou 32 dos 34 partidos, nos que recibiu 32 goles. O seu rendemento e a súa seguridade durante toda a liga explican o éxito do equipo. Chave na remontada o último día.

Manu Cabaco. Porteiro sub 23 que xogou os noventa minutos contra Barbadás e Vilalbés, pero o seu rol foi o de suplente e traballar no día a día para facer mellor a Chema.

Carlos Torrado. Posiblemente o mellor xogador da liga este ano. Recobrou a confianza e marcou diferencias cun físico por riba da categoría e unha incidencia en ataque decisiva.

Mario García. O seu ano estivo marcado polas lesións. Una luxación no ombro esquerdo deixouno sen xogar a metade de liga. Participou en seis partidos.

Tomás Susavila. O arxentino chegou no mercado de inverno para suplir a baixa por lesión de Mario. Xogou nos dous laterais e de central. Titular nas últimas catro victorias.

Carlos Pacheco. Case 2.300 minutos ao longo de 30 partidos. Xogou con problemas físicos, pero aguantou ata o final no centro da defensa exercendo de capitán.

Tapha Kanteh. Un ano duro. Lesionouse de gravidade en pretemporada, traballou moito para volver e sufriu un novo percance. Central diferencial que non o puido demostrar.

Dani Sánchez. Ano en branco para o central canteirán, que se recuperou dunha lesión grave e decidiu quedarse no Arosa e non saír cedido. Convocado os últimos meses, pero sen xogar.

Edgar Redondo. Case 1.800 minutos xogados e vinte partidos como titular, sobre todo na primeira parte da temporada. Na parte final xogou bastante menos.

Samu Santos. Trinta partidos xogados e máis de 2.200 minutos, foi unha peza fundamental na defensa para Gonza Fernández, que xa o adestrara no Choco.

Luis Castro. Xogou 2.362 minutos ao longo de 31 partidos. Foi un fixo no lateral esquerdo nun ano onde lle respetaron as lesións e tivo un rendemento bastante regular.

Javi Rey. Temporada marcada por problemas físicos, só foi titular en 15 partidos e xogou 1.300 minutos. Non participou no último mes e medio de liga.

Marcos Remeseiro. Xogador con máis minutos do plantel (2.891) e titular en 33 partidos. Termómetro do equipo, esencial por xogo, experiencia e liderado.

Antón Concheiro. A súa mellor temporada en Vilagarcía. Xogou 2.165 minutos e marcou cinco goles. Titular nas últimas seis xornadas e parella de baile de Remeseiro no centro do campo.

Manu Fernández. Chegou no mercado de inverno. Participou en 19 partidos, 13 deles como titular. Peza básica para equilibrar o centro do campo.

Sindo González. O canteirán foi o que menos xogou (só 121 minutos). Mereceu máis. Ano perdido en canto a continuidade, pero boa experiencia no día a día.

Iñaki Martínez. Un atacante con moi boas cifras de goles por tempo xogado, 7 en 1.290 minutos. Só foi titular en trece partidos e asumiu o rol de revulsivo.

Jose Rivera. Peza fundamental no esquema de Gonza pola súa actuación entre liñas. Xogou máis de 1.800 minutos e marcou seis goles.

Adrián Lombao. Unha das sensación da liga. Sub 23 ousado e intrépido no un para un. Máis de 1.600 minutos, 18 partidos de titular e 2 goles.

Martín Diz. Empezou ben, unha lesión deixouno K.O. case toda a primeira volta. Trece partidos titular e case 1.200 minutos. Golazo para o recordo na Estrada.

Yoel Crespo. Chegou no mercado de inverno e agradou nos primeiros partidos, pero despois perdeu protagonismo, froito da súa irregularidade.

Álex Rey. Esencial no ascenso polo seu rendemento na segunda volta. Marcou 8 goles en 1.300 minutos. Titular nos últimos dez partidos.

Gabri Palmás. Máximo realizador con 13 goles en 2.238 minutos. Foi suplente na parte final da liga, pero non baixou cifras. Dobrete no último partido.

Álex Seijo. O canteirán gozou da confianza de Gonza. Tres goles, dous deles decisivos, e dous partidos titular. Lesionado dende febreiro.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620