Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Caldas reúne toda a súa oferta deportiva este venres nunha xornada informativa no Paseo Román López

O tenente de alcalde, Manuel Fariña, explica que a veciñanza poderá coñecer de primeira man as diferentes disciplinas ofertadas polo Concello e por clubes e asociacións

manuel fariña_19490147
O tenente de alcalde, Manuel Fariña
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Caldas de Reis celebrará este venres día 4 unha xornada informativa sobre a oferta deportiva do municipio. Trátase dunha iniciativa coa que pretende reunir nun mesmo espazo as diferentes alternativas existentes para practicar deporte en Caldas, tanto as promovidas directamente polo Concello como as que ofrecen clubs, asociacións e empresas deportivas locais. 

A actividade desenvolverase a partir das 20 horas no Paseo Román López e permitirá á veciñanza coñecer de primeira man tanto as diferentes disciplinas dispoñibles, como os seus horarios, características, idades ás que están dirixidas, modalidades de participación e demais información práctica.

O tenente de alcalde Manuel Fariña destaca que a intención da Concellería de Deportes é que a veciñanza coñeza de maneira sinxela e directa todas as posibilidades que ten para practicar deporte en Caldas sen importar a idade nin o nivel. 

Segundo explica, “hai unha oferta moi ampla, pero ás veces non se coñecen todas as alternativas que existen. Esta xornada pretende precisamente facilitar ese contacto. Será moi práctica, calquera persoa poderá achegarse, preguntar, coñecer as actividades e decidir cal lle interesa máis. O importante é que ninguén quede sen practicar deporte por falta de información”.

Entre as actividades dispoñibles, explicaranse as clases organizadas directamente polo Concello, cunha programación dirixida ás persoas adultas que inclúe fitness e adestramento funcional, pachangas de baloncesto e voleibol e andainas, ademais das actividades de multideporte para a rapazada.

As clases de fitness e adestramento funcional (que combinarán exercicios destinados a mellorar a forza, resistencia, mobilidade, coordinación e equilibrio, con propostas adaptables aos diferentes niveis de condición física) terán un prezo de 90 euros para todo o ano, mentres que o resto serán de balde. As inscricións xa están abertas e o inicio das actividades municipais está previsto para o 1 de outubro.

A xornada informativa do venres contará tamén coa presenza de representantes de diferentes entidades e empresas que desenvolven a súa actividade deportiva en Caldas, entre elas o Club de Fútbol Caldas, Club de baloncesto As Urracas, Club Roli de hapkido, Club Deportivo Celenis, Skornabikers, Club Náutico Umia, Nº Phi, Yoga Con Agui, Innova Padel e Barbatana.

As persoas asistentes poderán informarse sobre unha oferta que abrangue dende deportes acuáticos, como caiac polo, natación e piragüismo; deportes de combate e defensa, como artes marciais, defensa persoal e taekwondo; deportes de equipo, como baloncesto e fútbol; actividades de fitness e benestar, como ioga, pilates e zumba; ademais de ciclismo e pádel.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620