A Senra 2 acolle a II edición de Orgullo en Xogo o vindeiro día 26
Xuventude Sisán e CJ Cambados mídense de novo nun partido contra a homofobia

O fútbol volverá converterse nun espazo para reivindicar a diversidade coa celebración da segunda edición de Orgullo en Xogo, unha iniciativa que nace co obxectivo de promover un deporte máis inclusivo, respectuoso e libre de calquera tipo de discriminación.
O encontro enfrontará a Xuventude de Sisán e Juventud Cambados o vindeiro 26 de agosto, ás 20:45 horas, no Campo Municipal A Senra 2. O partido pretende lanzar unha mensaxe clara a favor da igualdade, da diversidade e do respecto, utilizando o fútbol como ferramenta para construír deste xeito unha sociedade máis inclusiva.
Ao longo da xornada terá lugar tamén a lectura de manifestos, ademais de fantásticos sorteos entre as persoas asistentes, nunha actividade que pretende combinar deporte, convivencia e compromiso social. Esta edición está organizada por Xuventude de Sisán e a Asociación Gotas, coa colaboración de Atardecer Solidario e Quinta de San Amaro.











