Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Vilanova homenaxea a Martina Dafonte, campioa galega alevín de Doma Clásica

A amazona, que gañou en Ourense, leva formándose dende os 4 anos no Centro Ecuestre Faro das Lúas

O alcalde visitou a Martina e ao seu adestrador no Centro Ecuestre Faro das Lúas
O alcalde visitou a Martina e ao seu adestrador no Centro Ecuestre Faro das Lúas
cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O Concello de Vilanova homenaxea á xove amazona Martina Dafonte, que se proclamou campioa galega alevín de Doma Clásica en Ourense na categoría alevín. A xinete vilanovesa, coa súa egua Carina, alzouse co ouro grazas á regularidade mostrada durante un torneo presidido pola igualdade.

Martina fórmase dende os 4 anos no Centro Ecuestre Faro das Lúas, na parroquia vilanovesa de András, xunto ao seu adestrador, Fran Lendoiro. A pesar de que só leva dúas tempadas competindo na categoría alevín de Doma Clásica, neste segundo intento xa se proclamou campioa de Galicia.

Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova achegouse ao seu centro de equitación para coñecer como son os seus adestramentos diarios e agasallar a Martina Dafonte cun trofeo conmemorativo. O alcalde quixo poñer en valor a importancia do papel que desempeñan os clubs e centros deportivos do municipio na formación dos cativos. Neste sentido, sinalou que “detrás dun título como este hai moitas horas de adestramento, sacrificio e constancia” e engadiu que “é unha enorme satisfacción para Vilanova ver como unha das nosas deportistas, e de tan curta idade, consegue situarse no máis alto dun podio galego”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620