
Un partido do Boiro ante o Noia
Tania Martínez
O vindeiro sábado 8 de agosto, ás 20:00 horas, o Estadio Municipal Julio Mato “Matito”, en Noia, acollerá un partido benéfico entre o CF Noia e o CD Boiro. As entradas terán un prezo de 5 euros e a recadación doarase integramente a BarbanTEA, asociación que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas autistas e das súas familias, así como para promover unha sociedade máis accesible e inclusiva.
“Desde BarbanTEA agradecemos a colaboración dos dous clubs e de todas as persoas implicadas na organización deste encontro solidario. Animamos a veciñanza de Noia, Boiro e de toda a comarca a achegarse ao estadio, desfrutar do fútbol e apoiar esta iniciativa”, sinalan.










