Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Vilagarcía está representada con 41 deportistas nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

A delegación participará na competición en Santiago nas modalidades de balonmán, atletismo e atletismo adaptado

Parte da delegación de deportistas que representa a Vilagarcía no evento
Parte da delegación de deportistas que representa a Vilagarcía no evento
da
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Vilagarcía está representado con 41 deportistas nos XVI Xogos do Eixo Atlántico que se desenvolven esta semana en Santiago. A delegación local participará na competición nas modalidades de balonmán, atletismo e atletismo adaptado a través do Club de Balonmán Arousa (con 13 xogadores), o Club de Atletismo Mazí (17) e o Club Polideportivo de Educación Especial (11). Todos eles participaron onte na cerimonia inaugural trasladada ao estadio Verónica Boquete, en San Lázaro, debido ás altas temperaturas da xornada. A competición para os vilagarciáns iníciase hoxe pola mañá coas probas de atletismo, que se desenvolverán no estadio universitario, e cos partidos de balonmán a celebrar no pavillón de Roxos.

Ademais dos xogadores, forman parte da delegación local os adestradores e delegados de cada un dos clubs, ademais do director deportivo da Fundación Municipal de Deportes do Concello, encargado de coordinar a actividade do grupo.

Os Xogos do Eixo Atlántico celébranse anualmente e van rotando a súa sede entre as cidades que forman parte da eurorexión, composta por municipios de Galicia e norte de Portugal. Na edición deste ano está prevista a participación de preto de 2.000 deportistas das categorías xuvenís.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620