Nécora vence na Regata dos Faros e a V Copa Mörling decidirase en Combarro
A igualade é máxima no Campionato Galego de dornas a vela logo da proba do Grove. Pereka lidera a xeral por diante de Jalerna e Fungona

La A V Copa Mörling celebrou no Grove a cuarta proba do calendario, una Regata dos Faros que estivo condicionada polas altas temperaturas e a situación no mar. Á hora da saída superábanse con creces os 30 graos polo que o percorrido quedou circunscrito a unha única volta.
O vento permitiu dar unha saída moi apertada ás 26 dornas inscritas, para abocar directamente a un intenso largo de cinguida no que a frota se foi diseminando polo interior da ría da Arousa, con constantes cambios de posición nos primeiros postos. Nesa altura, as dornas navegaban a bo ritmo mesmo entre os 2 e 4 nós, pero o vento foi indo a menos tralo paso pola boia de barlovento. Nese momento, as primeiras prazas estaban practicamente decididas. A ‘Nécora’, de Braulio García e Adelino Santamaría, dos Dorneiros Regateiros, chegaron nunha primeira e clara posición, mentres ‘Pereka’ e ‘Jalerna’ (segunda e terceira, respectivamente) batallaron en empopada no seu particular duelo desta Copa Mörling.

Por detrás, a ‘Fungona’, que compite man a man coas grandes favoritas do campionato. En quinto lugar, a ‘Rosalía’ (ACD Dorna), ‘Xarandeira’ (Fasquía da Illa de Arousa), ‘Fuxe’ (Asociación de Amigos da Dorna Meca) e ‘Abuelo Tucho’ (Club Mariño Salnés). As dornas ‘Xaimiña (Lajareu por Barlovento de Ribeira) e ‘Selosa’ (ACD Dorna) pecharon os dez primeiros postos na liña de meta do Grove.
Na xeral, ‘Pereka lidera por diante de ‘Jalerna’, mentres que ‘Fungona’ é terceira cos mesmos puntos. Esta clasificación provisional deixa o resultado final da Copa a expensas da Regata da Reiboa, que se disputará o vindeiro 22 de agosto en Combarro (Poio). Calquera das cinco primeiras clasificadas ten opción de levarse o trofeo de mellor dorna do ano. Ata agora a igualdade é moi grande, xa que houbo catro gañadores diferentes nas catro probas desde Campionato de Dornas a Vela que naceu hai cinco anos como mostra de agradecemento á labor realizada polo etnólogo e antropólogo sueco Staffan Mörling.











