Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Cabo de Cruz gaña en Meira e ponse líder da Liga Galega de Traiñeiras

Rianxo venceu o sábado na Pobra na Liga B, mentres que Amegrove fixo dous terceiros postos na Liga Feminina

Cabo gañou a primeira bandeira da tempada en Meira e pasa a lidera a la Liga Galega A
Cabo gañou a primeira bandeira da tempada en Meira e pasa a lidera a la Liga Galega A
LGT
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Cabo de Cruz logrou a seu primeiro triunfo na Liga Galega A de traiñeiras ao vencer o sábado na XII Bandeira Illa do Samertolameu en Meira, onde as altas temperaturas e alerta por calor obligaron a modificar o horario para as 20 horas. O triunfo ademais outorga a camisola de líder á embarcación de Boiro, que remou na quenda de honra con Mecos (cuarto), Tirán e os anfitrións de Meira. No primeiro dos catro longos, a tripulación do Barbanza tomou 2 segundos de vantaxe respecto aos locais, 4” respecto á outra traiñeira de Moaña e distanciouse en 9” do barco do Grove, que se situaba quinto ao quedar a 4” do rexistro marcado por Bueu-Simei na quenda intermedia.

Cabo e Samertolameu destacáronse no segundo longo, coa diferenza aumentando a 3” a prol dos boirenses. Foi no terceiro parcial cando o equipo que tras 13 anos na Liga Euskolabel regresa esta temporada á Liga Galega de Traiñeiras rachou a regata. Ampliou a súa renda a 6” e na chegada ás boias de meta acabou impoñéndose por unha marxe de 12” sobre os anfitrións. Empatados a puntos no máis alto da xeral, a condición de líder pertence a Cabo como gañadora da última xornada disputada. Tirán Pereira concluíu a 28” de Cabo na terceira posición e dende o terceiro longo Mecos mellorou as referencias de Bueu Simei. Menos de 3” de diferenza houbo entre a cuarta e a quinta clasificada.

Mecos remou na tanda de honra e acabou cuarto, esta vez lonxe de Cabo
Mecos remou na tanda de honra e acabou cuarto, esta vez lonxe de Cabo
LGT

"Saíunos unha regata bastante boa", reconoce Iago Davila. "Xa en igualdade condicións cos rivais. Iso fixo que as diferencias foran en función do rendemento de cada traiñeira e conseguimos marcar uns tempos bastantes xeitosos. Meira saíu moi motivado a rachar a regata, pero logo fóronse quedando gradualmente. Nós mantivemos unha velocidade bastante boa, aínda que hai cousiñas que mellorar", comenta o adestrador de Cabo, bastante satisfeito con esta primeira bandeira. Cabo lidera a xeral da liga con 19 puntos, os mesmos que suma Samertolameu. Tirán e Mecos están empatados xusto por detrás con 15 puntos. A vindeira proba será o sábado na XXXI Bandeira Concello de Bueu.

A tripulación de Rianxo foi a máis rápida o sábado na Pobra, onde comezou a Liga Galega B
A tripulación de Rianxo foi a máis rápida o sábado na Pobra, onde comezou a Liga Galega B
Berto Gomez /LGT

Polo que respecta á Liga B, Rianxo levouse a XXI Bandeira Concello da Pobra o sábado cun tempo de 21:15:11, mellorando en oito segundos o tempo dos anfitrións. No terceiro posto aacabou Salgado Perillo, por diante de Cabo de Cruz B (21:51,15) e Náutico de Ribeira (22:04,89). Os rianxeiros, polo tanto, son os primeiros líderes da xeral.

Amegrove firmou dos terceiros postos nas dúas primeiras regatas da Liga Feminina
Amegrove firmou dos terceiros postos nas dúas primeiras regatas da Liga Feminina
Berto Gomez /LGT

Tamén o sábado na Pobra estreouse a Liga Feminina Galega esta tempada. A vitoria foi para Salgado Perillo (11:01,72), que aventaxou en 9 segundos a Chapela e en 10 Amegrove, que foi terceira por diante de Tirán. Este domingo a Liga Feminina disputou a sua segunda proba do calendario, e a I Bandeira Feminina de Esteiro volveu ser para Salgado Perillo (10:47,44), esta vez con 6 segundos sobre Chapela e 7 sobre Amegrove, que é terceiro na xeral con 12 puntos, a dous das de Redondela e a 6 do líder.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620