Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

O circuíto 3x3 Urban que organizan Deputación e Federación chega a Vilagarcía a vindeira fin de semana

De participación gratuíta, dispútase para as categorías minibasket, infantil, cadete e júnior.  A inscrición está aberta de forma telemática na páxina web da Fegaba

Luisa Sánchez, Xisela Aranda, Julio Bernárdez e Rafael Carballido presentaron o circuíto 3x3 en Vigo
Luisa Sánchez, Xisela Aranda, Julio Bernárdez e Rafael Carballido presentaron o circuíto 3x3 en Vigo
cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Baloncesto poñen en marcha o circuíto 3x3 Urban, que percorrerá tres localidades da provincia ao longo do mes de xullo. A competición, de participación gratuíta, está aberta tanto a xogadoras e xogadores federados como non federados. 

O evento parará en Vilagarcía a vindeira fin de semana (11 e 12 de xullo), por Vigo (18 e 19 de xullo), e A Estrada (25 e 26 de xullo). En cada sede, a competición desenvolverase ao longo de dúas xornadas. O primeiro día disputaranse as categorías minibasket e infantil, ambas mixtas, mentres que o segundo será a quenda das categorías cadete e júnior, con competición feminina e masculina ou mixta en función do número de equipos inscritos. 

Os equipos estarán formados por un mínimo de tres e un máximo de catro xogadores ou xogadoras e deberán designar unha persoa responsable maior de idade que actúe como interlocutora coa organización. As prazas son limitadas en cada categoría. A inscrición xa está aberta de forma telemática na páxina web da Federación. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620