Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

“Espetad@s” organiza esta fin de semana en Moraña o torneo del fútbol sala “VRASAS 24H”

A peña, que cumpre 19 anos, reúne a 16 equipos no pavillón dende o sábado

O Concello acolleu a presentación del torneo de fútbol sala
O Concello acolleu a presentación del torneo de fútbol sala
cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Asociación Cultural Peña “Espetad@s”, que este ano cumpre 19 anos de vida, presenta en colaboración co Concello de Moraña a primeira edición do “VRASAS 24H”, un torneo de fútbol sala que se disputará de xeito ininterrompido durante 24 horas no Pavillón Municipal de Moraña. Trátase da primeira actividade oficial dunha completísima programación que esta asoación@s preparou para esta nova edición da Festa do Carneiro. 

Na presentación estiveron presentes o presidente da Peña “Espetad@s”, Rubén Monteagudo, e o tesoureiro Iago Domínguez, respaldados polo Concello de Moraña, co alcalde Sito Gómez á cabeza, acompañado porla concelleira de Cultura Andrea Domínguez, quenes resaltaron “o apoio directo e decidido do concello a esta actividade”, que en palabras dos responsables da Asociación Cultural Peña Espetados “nace coa vontade de ser unha verdadeira festa do deporte e do lecer para toda a veciñanza e que agarda consolidarse nos vindeiros anos cunha maior participación tamén de categorías femininas”. 

A cita deportiva arrancará ás 16 horas do vindeiro sábado 4 de xullo e prolongarase ao longo de toda a xornada de sábado e tamén a mañá e mediodía de domingo, coa participación dun total de 16 equipos en competición, integrados por deportistas de Moraña e tamén de diferentes concellos como Caldas, Cuntis, Campo Lameiro, Barro ou Marín, entre outros. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620