Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Vilanova e o Club Pérez Sub organizan o VIII Open de Pesca Submarina

A proba, clasificatoria para o Campionato Galego, reúne este sábado a dez equipos na Ría de Arousa

Presentación torneo pesca Vilanova
Presentación torneo pesca Vilanova
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Vilanova será sede este sábado do “VIII Open de Pesca Submarina” por equipos nunha xornada na que tamén se honrará a memoria de Pablo Blanco García, veciño de San Miguel que destacaba nesta modalidade deportiva. 

O Club Subacuático Pérez Sub, organizador da competición, reunirá a 10 conxuntos procedentes de distintos puntos de Galicia e de España. O evento ten como obxectivo promover a práctica responsable da pesca submarina, fomentar o respecto polo medio mariño, impulsar o deporte e o turismo vinculados ao mar, así como render homenaxe a Pablo Blanco, veciño da vila que practicaba este deporte. 

A competición desenvolverase nas augas da ría de Arousa, un enclave privilexiado polas súas condicións naturais e pola riqueza dos seus fondos mariños, en concreto na contorna do Illote de Rúa, que conta cunha superficie de lámina de agua de uns 12 kilómetros, un espazo idóneo para que se leve a cabo esta actividade, segundo explicou a organización.

A proba é clasificatoria para o “Campionatro galego de pesca submarina por equipos”, que tamén se celebrará en augas próximas a Vilanova no mes de setembro. 

 O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, destacou que esta competición xa supón un clásico nos veráns na vila ao ser xa a sua oitava edición e consolidarse como unha referencia do deporte acuático da zona e na que participan grandes deportistas desta modalidade a nivel nacional. Tamén puxo en valor e quixo lembrar a figura de Pablo Blanco, veciño de San Miguel que practicaba esta modalidade deportiva no club organizador e ao que se honrará e recodará nesta xornada deportiva por segundo ano consecutivo. 

Pola súa banda, José Luis Peso, un dos máximos representantes do Club Subacuático Pérez Sub agradeceu a colaboración do consistorio local, como “unha parte importante e determinante da loxística do evento”, así como a implicación dos numerosos colaboradores locais que fixeron e seguen a facer posible a celebración da proba. 

Explicou tamén que neste campionato de pesca submarina participarán 10 equipos, cada un deles formado por tres integrantes, dous que estarán somerxidos e un sempre deberá permanecer na embarcación por motivos de seguridade. Ademais, sinalou que as capturas están reguladas pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas para garantir a conservación das especies, e que tódala pesca obtida será doada a Cáritas de Vilagarcía. Segundo indicou, a competición desenvolverase na contorna do Illote de Rúa, no interior da ría de Arousa, onde se atopan unhas condicións favorables para que os 10 equipos participantes poidan practicar esta modalidade de pesca. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620