Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

Silgar acolle o sábado o Campionato Galego de Loita Praia e Sambo Praia

Contará coa participación de arredor de 150 deportistas procedentes das catro provincias galegas

Marcos Guisasola e José Luis Olazabal presentaron o evento en Sanxenxo
Marcos Guisasola e José Luis Olazabal presentaron o evento en Sanxenxo
cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A praia de Silgar, en Sanxenxo, acolle este sábado o II Campionato Galego de Loita Praia e Sambo Praia, que foi presentado polo concelleiro de Deportes, Xuventude e Voluntariado, Marcos Guisasola Padín, e por José Luis Olazabal Ibars, presidente da Federación Galega de Loita e D.A.

A competición desenvolverase en horario de mañá, de 10 a 14 horas, e contará coa participación de arredor de 150 deportistas procedentes das catro provincias galegas, que competirán nas modalidades de Loita Praia e Sambo Praia, tanto en categoría absoluta como sub-17, masculina e feminina. Será clasificatorio para os Campionatos de España e converterá de novo a Silgar nun referente do deporte de praia en Galicia. A organización destaca tamén a importante presenza feminina, que supera o 35 % das persoas inscritas, reflectindo o crecemento destas disciplinas nos últimos anos.

Sanxenxo acolle, por segundo ano consecutivo, unha competición que continúa consolidándose dentro do calendario deportivo galego, reunindo a deportistas, técnicos, árbitros e afeccionados nunha xornada na que o espectáculo e a competitividade están garantidos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620