Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Deportes

O II Trofeo Vila de Portonovo de piragüismo reúne este sábado a 64 tripulacións de K4 e C4 en Baltar

Concello, Federación e o clube anfitrión presentaron a proba, na que estarán representados 17 clubs galegos

As embarcacións de equipos tomarán o sábado pola tarde a praia de Baltar
As embarcacións de equipos tomarán o sábado pola tarde a praia de Baltar
da
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A praia de Baltar acolleu esta mañá a presentación oficial do II Trofeo Vila de Portonovo K-4/C-4, proba pertencente á Liga Galega de Ríos, Travesías e Maratón, que se celebra este sábado ás 17 horas na Praia de Baltar.

No acto, participaron o concelleiro de Deportes, Xuventude e Voluntariado, Marcos Guisasola Padín, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea García, e o presidente do Club Piragüismo Portonovo, Alberto Rodríguez Uhía.

A proba reunirá nas augas de Baltar a deportistas das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterán, consolidándose como unha das citas destacadas do calendario autonómico de travesías.

Está prevista a participación de máis de 17 clubes galegos e máis de 64 embarcacións, que congregarán a centos de deportistas procedentes de distintos puntos de Galicia. A competición contará coa presenza de entidades deportivas de referencia do panorama autonómico, reforzando a tradición e o arraigo do piragüismo no municipio.

Durante a presentación, os participantes destacaron a importancia de seguir impulsando eventos deportivos vinculados ao mar, así como o papel de Sanxenxo e Portonovo como escenarios idóneos para a práctica e promoción do piragüismo.

A celebración desta proba volverá situar a Portonovo como punto de encontro do deporte galego, nunha xornada que combinará competición, espectáculo e promoción dos valores deportivos nun entorno privilexiado como a Praia de Baltar.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620